займ срочно

Humanización para o núcleo central de Ordes

0

Bisbarra, 2 de decembro do 2022 – A Xunta de Galicia colabora na humanización do núcleo urbano do concello de Ordes cun orzamento de 450.000 euros.

Ordes recibiu hai uns días a visita da Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda Ángeles Vázquez. A responsable repasou as actuacións levadas a cabo nas rúas Mediodía e Victor González Faya da vila.

As obras foron financiadas nun setenta por cento pola Xunta de Galicia e consistiron por unha banda na renovación das beirarrúas con baldosas de formigón con borde de granito. Por outra parte tamén foron renovados os carrís e aparcamentos con aglomerado en quente.

A maiores de estas actuacións repuxéronse redes de pluviais e abastecemento, e a conexión con tubo de PVC coa rede xeral. Instaláronse dúas fontes de auga, a sinalización vertical e foi todo repintado.

A obra forma parte do Plan Hurbe da Xunta de Galicia. Trátase dunha liña de traballo nada no 2010 co obxectivo de colaborar coas administracións locais no financiamento de este tipo de proxectos. O Hurbe leva mobilizados 163 millóns de euros en máis de catrocentos proxectos.

 Na provincia da Coruña comprometéronse ou executáronse 96 actuacións desde o inicio do programa. No caso de Ordes este Plan Hurbe xa participara na humanización da rúa Alfonso Senra e a Praza do Centro Sociocomunitario Isabel Zendal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies