Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

A Xunta aposta pola ampliación de depuradora de Ames e buscará apoios do Goberno

ames-melloras-na-depuradora-de-sisalde-normal-17-xunho-2020_r

Bisbarra, 24 de setembro do 2024 – A Xunta de Galicia, segundo o presidente Alfonso Rueda, está disposta a redactar o proxecto da depuradora de Sisalde en Ames e o concello buscará o apoio económico do goberno central.

Melloras na depuradora de Sisalde no ano 2020

Alfonso Rueda e o alcalde de Ames, Blas García Piñeiro, mantiveron un encontro no que trataron este e outros temas de importancia para Ames.

A depuradora, incluída no Plan Hidrolóxico de Galicia Costa, ten un nivel de investimento de máis de 20 millóns de euros. Dez millóns de euros necesarios para a ampliación da EDAR, aos que habería que sumar outros dez millóns para mellorar a rede de colectores, máis outro millón para a realización do proxecto construtivo.

O concello destacou o seu compromiso de negociar co Goberno central para que esta actuación sexa de interese xeral e entre na financiación do Estado.

Durante o encontro, Rueda trasladou ao rexedor a vontade da Xunta de colaborar co concello en proxectos de interese común para todos os habitantes de Ames, ademais da planta depuradora. Comprometeu a participación do Goberno autonómico nun convenio a tres bandas para a construción do Mercado municipal, que precisa dunha financiación de 3 millóns de euros.

Tamén se deron avances no desenvolvemento do polígono industrial de Bertamiráns, xa que se vai analizar a viabilidade de empresas interesadas e haberá unha reunión coa conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, para analizar a situación.

Por último, Rueda e o alcalde de Ames acordaron en que se van urbanizar 5 parcelas para ceder ao IGVS e poder construír vivendas.

Post navigation

Previous: Que facer en Compostela co centro da vila
Next: Un Curtocircuíto máis concentrado e intenso

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.