займ срочно

Xunta e concello da Pobra buscan liñas de colaboración

0

A Pobra, 1 de setembro do 2021 – O concello da Pobra da Caramiñal e a Xunta de Galicia buscan liñas de colaboración e materia ambiental e de infraestruturas.

A directora xeral da Administración Local, Natalia Prieto,realizou unha visita institucional á Pobra do Caramiñal. Acompañada polo alcalde, Xosé Lois Piñeiro, e pola concelleira dos Servizos Municipais e do Benestar Animal, Estefanía Ramos, visitou o parque infantil do Camiño Ancho.

Este parque infantil está situado no recinto da antiga escola unitaria do lugar. En el colaboraron Xunta e Concello da Pobra no marco da Orde de Infraestruturas de uso público cunha achega de 40.000 euros.

A instalación conta zona cuberta, diversos xogos e chan con caucho e, segundo anunciou o rexedor, o Concello executará unha obra de accesibilidade.

Posteriormente, desprazáronse ata o centro de recollida de animais abandonados, situado no polígono industrial da Tomada. Este servizos foi creado no 2018 cun custe de 44.719’40 euros. O espazo contou tamén co apoio da Xunta que aportou 42.636’77 euros ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental.

Coa finalidade de mellorar os servizos e dar resposta á cantidade de animais abandonados, no 2020 executouse unha primeira ampliación por 45.586’22 euros (35.006’43 euros por parte da Administración autonómica e 10.579’57 euros da local), e, unha segunda no 2021 por 39.419’75 euros (34.103’50 da Xunta e 5.316’25 do Concello). Deste xeito, o refuxio da Pobra conta actualmente con oficina, baño, espazo para animais que chegaron recentemente, área de corentena, patio exterior e dez canís.

O rexedor, quen agradeceu a presenza da directora xeral, trasladoulle necesidades do municipio en materia de equipamentos vinculados á prestación de servizos. O alcalde espuxo a necesidade dunha nova nave para a brigada ou a adquisición da que está en aluguer, a mellora da accesibilidade no edificio do consistorio ou a compra de algún vehículo para a Policía local, entre outras cuestións. Pola súa parte, Natalia Prieto manifestou o compromiso da Xunta por manter o apoio aos concellos galegos en xeral e a Pobra en particular.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies