Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Concello de Santiago e Xunta aparcan os problemas do Clínico

A reunión entre a Xunta de Galicia e o concello de Santiago condena a solución dos problemas de aparcamento no Clínico ata despois das eleccións.
compostela-reunion-xunta-slide-31-xaneiro-2024_r

Compostela, 31 de xaneiro do 2024 – A reunión entre a Xunta de Galicia e o concello de Santiago condena a solución dos problemas de aparcamento no Clínico ata despois das eleccións.

A proposta presentada polo concello de Santiago e na que se daba unha solución global non só para o Clínico se non para toda a contorna foi rexeitada pola Xunta. Ao mesmo tempo o goberno autonómico incluíu na negociación o saneamento en zonas do rural de Compostela, algo xa comprometido e que non ten nada que ver.

O concello de Santiago segue apostando pola parcela do CIMUS para un aparcadoiro, xa sexa provisional o definitivo. Aposta polo transporte colectivo indicándolle á Xunta os cambios e melloras do novo contrato e pedindo datos sobre os traballadores do hospital para reforzar esas liñas. Ao mesmo tempo adaptará, nas próximas semanas, zonas ora na contorna do Clínico.

A Xunta pola súa banda decidiu cambiar o tapete de xogo. Si o concello cre que a parcela do cimus serve para un parking que o faga (declaración literal na rolda de prensa). Non está disposta a poñer transporte aos traballadores, que ocupan o 80% das prazas a primeira hora. Quere centrarse no terreo do Clínico, xa moi saturado, e construír un parking na parcela do heliporto para o que pide ao concello 3,5 millóns de euros de aportación. A cambio acometería unha serie de obras de saneamento no rural que antes da reunión xa estaban comprometidas.

O concello sae decepcionado e considera que este cambio de plantexamento a estas alturas “non é serio”. Estudará a proposta e dará unha resposta pero critica duramente a falta de acción da Xunta fronte aos pasos dados desde Raxoi.

O certo é que este xoves comeza a campaña electoral, o 18 de febreiro serán as eleccións e como mínimo ata o mes de marzo será difícil que se celebre unha nova reunión. A única esperanza é que o goberno que saía dos comicios, sexa o que sexa, queira buscar solucións no canto de dar largas.

Post navigation

Previous: A Deputación destina máis de 8 millóns de euros ao Plan de Emprego Local (PEL)
Next: Vedra presentou as XVIII Xornadas Arredor da Camelia

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.