займ срочно

A Xunta aproba o arranxo e a cesión dun tramo da AC-543 en Brión

0

Bisbarra, 16 de decembro do 2022 – O Consello da Xunta autorizou este xoves a colaboración co Concello de Brión para o acondicionamento dun treito da estrada AC-543.

O obxectivo do convenio, cuxas obras executará o Concello de Brión, é acondicionar a estrada AC-543, desde o punto quilométrico 8+390 ao 9+870.  A Xunta procederá ademais ao cambio de titularidade a prol do Concello de Brión do tramo desta vía autonómica comprendido entre os quilómetros 8+390 e 10+000.

Esta intervención suporá un investimento de máis de 605.000 euros, que será financiado nun 70 % pola Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, cunha achega que rolda os 424.000 euros, que completará o Concello ata acadar o 30 % restante.

As actuacións que se prevén realizar neste treito da estrada son a ampliación e a renovación das beirarrúas e o fresado e reposición da capa de rodaxe nos dous carrís, beiravías e bandas de estacionamento, con mestura bituminosa en quente.

 Tamén se levará a cabo a renovación da sinalización horizontal, a reposición das liñas existentes e o pintado de paso de peóns, símbolos e frechas.  Ademais, procederase á reposición dos servizos afectados, como o alumeado público, o saneamento e as canalizacións de pluviais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies