Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

A Xunta de Galicia destina catro millóns de euros a rehabilitación de edificios senlleiros no Camiño

A Xunta de Galicia ven de habilitar unha liña de axudas destinadas a rehabilitar edificios senlleiros do Camiño de Santiago
frades-percorrer-caminho-ingles-slide-25-xaneiro-2022_r

Bisbarra, 22 de novembro do 2023 – A Xunta de Galicia ven de habilitar unha liña de axudas destinadas a rehabilitar edificios senlleiros do Camiño de Santiago para crear establecementos turísticos.

Trátase dunha medida incluída no Plan Xacobeo Next Generation. O obxectivo é fomentar o turismo sostible e cultural, o mantemento e rehabilitación do patrimonio senlleiro galego con fins turísticos, a dinamización do rural, a creación de emprego e a ampliación da oferta de aloxamento e restauración no Camiño de Santiago.

Dous tipos de proxectos

As axudas pensáronse para dous tipos de proxectos. Por unha banda aqueles que fomenten a competitividade e sustentabilidade turística, rehabilitando os novos infraestruturas emblemáticas do patrimonio arquitectónico de Galicia tipificados no artigo 88 ao 91 da Lei de Patrimonio Cultural de Galicia.

En este apartado inclúense bens propios da arquitectura defensiva como castelos, torres defensivas, cuarteis…; edificios relacionados co culto relixioso como mosteiros, conventos, colexiatas, ermitas…; construcións propias de enxeñaría histórica como faros, edificios portuarios, estacións, e outras de tipoloxía similar.

Os proxectos terán ademais que cumprir dous dos seguintes requisitos: crear polo menos cinco empregos directos; crear vínculos con axentes públicos e privados do territorio que favorezan o turismo; ou promover o turismo sustentable implantando fórmulas de xestión con produtos de proximidade ou ecolóxicos, fórmulas de reciclaxe ou programas de actividades ou sensibilización medioambiental.

O segundo tipo de proxectos é aquel vinculado aos Bens de Interese Cultural, BIC. Ademais da posta en valor, coa mellora ou rehabilitación do Ben, o proxecto garantirá que un 80% da capacidade temporal ou espacial anual do establecemento se destine a fins culturais.

O solicitante deberá incluír un programa de actividades anual ou calendario co réxime de visitas apertura e peche ou, no seu caso, planos da infraestrutura e acreditación dos metros cadrados visitables ou de desenvolvemento de actividades culturais vinculadas a posta en valor do ben.

En concellos da Ruta Xacobea

Estas subvencións comprenden tres tipos de axudas: a rehabilitación sustentable dos edificios, a posta en marcha de medidas enerxéticas, e a mellora de accesibilidade. No caso dos proxectos do primeiro tipo poderase subvencionar unha contía máxima do 35%, 25% ou 15% do proxecto dependendo de se se trata dunha pequena, mediana ou gran empresa.

No caso dos dinamizadores do turismo cultural, poderán optar a unha axuda máxima dun 80% dos custos subvencionables ata o límite máximo de 2,2 millóns de euros por proxecto

Os proxectos deberá ascender a unha contía mínima de 300.000 euros de investimento e soamente se admitirán os situados naqueles municipios onde transcorra o trazado do Camiño de Santiago. A liña de subvencións é de concorrencia non competitiva e o prazo de presentación de solicitudes será de catro meses contados a partir do pasado 18 de novembro ata o 18 de marzo de 2024. Toda a información de prazos e procedementos está no Diario Oficial de Galicia e na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Plan Xacobeo Next Generation

Esta liña de subvencións enmárcase nos distintos proxectos que a Xunta de Galicia está  a impulsar cos fondos europeos que foron asignados á Comunidade galega co Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea. Forma parte do Plan Xacobeo Next Generation que, ademais desta liña de axudas, inclúe a sinalización da rede cicloturística Eurovelo, que está en execución ou o proxecto de revalorización da Ruta Traslatio, xa executada. Tamén inclúe a rehabilitación de 12 BIC do Camiño de Santiago, dos que a Xunta mobilizou xa máis do 80% destes fondos.

Post navigation

Previous: Propoñen reformar Xoán XXIII para habilitar ata cen prazas de aparcamento
Next: Conversa con Danira Querétaro, artista do Circo do Sol

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.