Bisbarra, 9 de xaneiro do 2023 – Un programa piloto será probado na Área Sanitaria para evitar que a veciñanza teña que acudir ao médico de cabeceira a pola baixa médica.
A iniciativa era anunciada o pasado mes de outubro polo Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. O obxectivo é xestionar as baixas derivadas dunha atención hospitalaria de tal xeito que se eviten as citas de atención primaria, cando vén indicada polo propio persoal hospitalario, tras unha intervención ou atención urxente.

O sistema próbase nos servizos de Traumatoloxía e Uroloxía do Hospital Universitario de Santiago de Compostela. Os pacientes que acudan ao servizo de Traumatoloxía de xeito urxente, ou aqueles que teñan un ingreso ou cirurxía programada en Uroloxía, se lles tramitará o parte de baixa no hospital. Para elo, é necesario adecuar o sistema informático que xestiona a historia clínica do paciente.
Ao mesmo tempo fórmase aos profesionais para o manexo desta nova ferramenta nos hospitais. Unha vez rematado o programa piloto, os seus resultados avaliaranse co obxectivo de estendelo ao resto das áreas sanitarias do Servizo Galego de Saúde, así como a outras especialidades.
