займ срочно

A Xunta ampliará o colexio Agro do Muíño en Ames

0

Bisbarra, 16 de xaneiro do 2023 – A Xunta saca hoxe a licitación a ampliación do colexio Agro do Muíño, en Ames, cun investimento de 3,4 millóns de euros.

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, acompañado polo delegado territorial da na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou o CEIP Agro do Muíño, onde anunciou a obra. Trátase do primeiro dos dous grandes proxectos educativos que a Xunta pon en marcha neste concello, ao que se suma a inminente construción do novo colexio do Milladoiro.

A ampliación foi comprometida nun convenio asinado entre Xunta e Concello en maio do 2020. O compromiso fixaba como última data de execución setembro do 2021 polo que o curso pasado teria que estar xa construída e sendo usada.

Román Rodríguez explicou que “o obxectivo de ambas actuacións é dar resposta ás necesidades de escolarización dun concello que destaca polo seu crecemento demográfico”. O Conselleiro engadiu que o seu departamento está ultimando xa o proxecto no Milladoiro, que será presentado nas próximas semanas para ser contratado tamén de inmediato.

No que se refire ao Agro do Muiño, que conta con case 500 alumnos, indicou que se aproveitará “para crear novos espazos como o foro, unha das novidades contempladas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, un espazo multifuncional complementario do resto, a área central de reunión e comunicación da comunidade educativa que ten como finalidade promover a aprendizaxe en espazos abertos”.

O colexio contará cun polo creativo, un espazo de innovación educativa con equipamento especializado para traballar as competencias STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), a co-creación, a resolución de problemas reais e o pensamento de deseño e habilidades.

Novo edificio

A previsión e que a obra comece antes de tres meses e estea rematada este mesmo ano. A ampliación realizarase de xeito lineal, construíndo un novo volume. A superficie total despois da ampliación ascenderá a 14.645 m².

O novo edificio albergará seis aulas convencionais, o que permitirá habilitar espazo para ata 150 novos alumnos, tres aulas de desdobres, aulas de música, pedagoxía terapéutica, aula de audición e linguaxe e orientador, aseos, sala de usos múltiples e vestíbulo de entrada. Ademais, estará dotado dos devanditos foro e polo creativo. O edificio será accesible e contará con sinalética e grafismos que aclaren os itinerarios internos.

No que se refire ao actual edificio, acometeranse diversas melloras na zona de instalacións, ampliarase o comedor e reorganizaranse varios espazos, entre outras actuacións, ademais de unir o volume existente co novo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies