Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Boqueixón
  • Xeral

A Xunta executará este ano actuacións de mellora do firme en Boqueixón por máis de 1 millón de euros

A Xunta tamén construirá no concello de Boqueixón. unha nova senda peonil de 1,3 quilómetros de loxitude.

xunta investimentos boqueixon 9 marzo 2026

Boqueixón, 09/03/2026 – O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, mantiveron unha xuntanza na que se abordaron diversas actuacións de mellora no municipio, tanto ao nivel de infraestruturas como de servizos sociais.

Durante o encontro, Alfonso Rueda informou de que a Xunta de Galicia vai executar este ano actuacións de mellora do firme da estrada autonómica AC-960, que atravesa Boqueixón, por un importe de máis de 1 millón de euros.

Unha actuación que se une ás obras de construción dunha nova senda peonil nesta mesma estrada, de 1,3 quilómetros de lonxitude entre as localidades de Sergude e Rodiño, e que serán licitadas este mesmo ano cun investimento de case 750.000 euros. O alcalde de Boqueixón salientou que se trata dunhas obras “moi necesarias e demandadas pola veciñanza, xa que se trata dun tramo moi transitado”.

Esa nova senda conectará cun tramo de 1,8 km que a Xunta de Galicia xa executou nesta mesma estrada AC-960, e que comunica o polígono industrial con A Eirexe, e enlazará con outra senda que o Concello de Boqueixón acaba de rematar cara a parroquia de Vigo.

Unha actuación actualmente en fase de redacción do proxecto e que se enmarca no Plan de Sendas de Galicia, que xa permitiu a construción de máis de 300 quilómetros de itinerarios seguros e sostibles nas marxes das estradas autonómicas en toda a comunidade.

Por outra banda, Alfonso Rueda trasladoulle ao alcalde de Boqueixón a boa disposición da Xunta de Galicia a asinar un convenio de colaboración, ao abeiro do Plan Hurbe, para humanizar a entrada a Lestedo. Unha actuación que permitiría “mellorar a seguridade viaria e facilitar a mobilidade non so dos veciños e veciñas de Lestedo senón tamén das aldeas da contorna”.

Finalmente, o presidente da Xunta confirmoulle a Ovidio Rodeiro que o recente acordo acadado entre a Xunta e a Fegamp para o incremento dun 50% da achega autonómica ao Servizo de Axuda no Fogar suporá un aforro de máis de 425.000 euros para as arcas municipais. Unha aportación que permitirá que Boqueixón blinde a súa ratio de atención, que se sitúa a día de hoxe no 98%, unha das máis elevadas da súa contorna.

Esta achega foi moi valorada polo alcalde, quen salientou “o compromiso da Xunta de Galicia cos Concellos e cos dependentes galegos fronte a un Goberno Central que continúa sen cumprir a lei e sen aportar o 50% do financiamento, o que nos obriga aos Concellos a facer fronte a uns gastos impropios para dar resposta ás necesidades dos nosos veciños e veciñas”.

Post navigation

Previous: Teo prepara a Batalla de Cacheiras
Next: Concello de Ames e Deputación abordan a mellora do campo de fútbol do Milladoiro

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.