Bisbarra, 23 de outubro do 2023 – A Xunta de Galicia ven de declarar “Interese público superior” os proxectos eólicos iniciados entre o 30 de decembro de 2022 e o 30 de xuño de 2024.
Na práctica esto supón unha tramitación moito máis rápida de proxectos como o de Sabucedo, Castro Valente ou Xesteiras no concello da Estrada. Este último proxecto ven ademais de recibir a declaración de impacto ambiental favorable.
O voceiro do BNG na Estrada, Xoán Reices é moi claro sobre estás decisións “non se entende a que vén tanta présa por parte do PP para acelerar os proxectos dos parques eólicos en toda Galiza, parece que temen perder a Xunta e queren deixarlle todo atado ao lobbie eléctrico que senta no Consello da Xunta”.
Engade que esta declaracion “son unha moi malas noticias para os veciños e veciñas do rural que non queren eólicos preto das súas casas, uns proxectos que só servirán para engordar o peto das eléctricas, xa que os veciños e veciñas só sufrirán as consecuencias”.
Parque eólico das Xesteiras
O proxecto eólico das Xesteiras na estrada recibiu ademais a DIA favorable xa que a Xunta o considera “ambientalmente viable”. Reices lembra que “Esta declaración non significa que a Xunta lle dea a Norvento a autorización para construílo, de momento non estamos nesa fase, mais que o organismo autonómico considere o proxecto ambientalmente viable non é unha boa noticia”.
Para Reices, “isto é un xerro de auga fría para todos os veciños de Santa Mariña, Frades e Santo André de Vea que van sufrir as consecuencias deste parque eólico”. O concelleiro do BNG explicou que “nos próximos días analizaremos os pasos a seguir e non descartamos ningunha medida para frear a invasión eólica no noso concello”.