займ срочно

Un millón de euros para rehabilitar o CEIP Pérez Viondi da Estrada

0

Bisbarra, 5 de decembro do 2023 – O Colexio de Educación Infantil e Primaria Pérez Viondi da Estrada será reformado cun investimento que ronda o millón de euros.

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou o CEIP Pérez Viondi, onde anunciou este investimento da Xunta de Galicia “Un investimento que se suma aos 2M€ que xa temos investido desde 2009 neste colexio en obras como a ampliación realizada hai unha década”.

Tal e como explicou o Conselleiro, neste momento estase a redactar o proxecto para a rehabilitación do Pérez Viondi. “A previsión é que o proxecto estea rematado e supervisado no segundo trimestre de 2024, e a licitación da obra tamén nesas mesmas datas”.

Esta nova intervención enmárcase no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta coa que o Goberno galego está a adaptar as instalacións dos centros educativos galegos ás necesidades do século XXI, entre elas á necesidade de que sexan edificios máis sostibles e respectuosos co medio ambiente. “Isto redunda, ademais, nunha mellora no día a día de alumnos e docentes, que gozan dun maior confort térmico”, salientou o conselleiro.

Non en balde, a falta de concretala co proxecto, a intervención incluiría actuacións en materia de eficiencia enerxética, con obras sobre as fiestras, as cubertas e as luminarias, e de mellora da accesibilidade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies