займ срочно

A Baña mellorará o centro da terceira idade e o lavadoiro de Cabanas

0

A Baña, 9 de maio do 2022 – Unha axuda destinada a corrixir impactos paisaxísticos permitirá ao concello da Baña a mellora do centro da terceira idade e do lavadoiro de Cabanas.

A achega é concedida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e divídese en dúas axudas de 20.000 euros. A primeira , irá destinada ao lavadoiro de Cabanas. Trátase dun elemento de formigón armado que na actualidade presenta manchas e humidades polo que se procederá á súa limpeza e á reparación de fendas antes de pintalo.

A segundas subvención, do mesmo importe, ten como finalidade a limpeza e reparación da fachada do centro sociocultural da terceira idade para o seu posterior pintado.

O Delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, reuniuse co alcalde, Andrés García Cardeso, para informarlle de esta axuda de 40.000 euros. No conxunto da comarca de Santiago, a Xunta concedeu axudas a 5 concellos: Santiso, Ordes, Boimorto, O Pino e A Baña, por un importe global de máis de 136.000 euros.

Loita contra o “feismo”

Este programa de incentivos foi convocado en xaneiro por 600.000 euros e esta mesma semana foi ampliado ata os 800.000 €.  Son dúas liñas de actuación das que a primeira destínase a intervencións coas que emendar o impacto negativo que poden causar sobre a contorna edificios e dependencias que acollen servizos municipais.

A segunda liña de axudas está pensada para mellorar outros equipamentos públicos ou elementos etnográficos, como fontes, hórreos, palcos de música e lavadoiros, propiedade dos concellos.

As actuacións subvencionables, que poderán acadar o 70% do custo estimado, deberán adaptarse ou ben aos criterios fixados na Guía de cor e materiais de Galicia, ou ben aos da Guía de boas prácticas de caracterización e integración paisaxística de valados.

O ano pasado a primeira convocatoria das ordes de axudas para a corrección de impactos paisaxísticos, tanto para particulares como para concellos, saldouse con máis de medio milleiro beneficiarios que recibiron subvencións por un importe total de 2 millóns de euros e permitiron intervir en 222 municipios galegos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies