Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Entrevistas

Xosé Regueira, Vicepresidente da Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña ven facendo nos últimos anos un esforzo por apoiar e difundir a cultura galega e o turismo na provincia. Son áreas que competen á Vicepresidencia que, tras o traballo de Goretti Sanmartín na anterior lexislatura, agora recae en Xosé Regueira.
Xose-Regueira-vicepresidente-da-Deputacion-slide_0801_r

A Deputación da Coruña ven facendo nos últimos anos un esforzo por apoiar e difundir a cultura galega e o turismo na provincia. Son áreas que competen á Vicepresidencia que, tras o traballo de Goretti Sanmartín na anterior lexislatura, agora recae en Xosé Regueira.

Esa boa xestión da anterior lexislatura viuse reforzada por un goberno que conseguiu funcionar como un só ente pese a estar formado polo BNG e o Psoe. Para Xosé Regueira catro anos bos significan novos retos

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2020/10/01_xose-regueira-vicepresidente-deputacion-da-corunha-novos-retos-26-outubro-2020_01.mp3

A coordinación da que fan gala na Deputación é un exemplo do que deberían tomar exemplo outras administracións. BNG e Psoe son capaces de discrepar sen que iso sexa un pao no engrenaxe da Deputación

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2020/10/02_xose-regueira-vicepresidente-deputacion-da-corunha-goberno-unido-26-outubro-2020_01.mp3

Regueira defende a lealdade institucional, explica que si se votan contas probablemente os concellos do Partido Popular son mellor tratados polos dos últimos gobernos da Deputación que polos anteriores do seu partido. Considera que o Plan único, que tan bo resultado está dando, sería magnífico si se aplicara desde a Xunta

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2020/10/03_xose-regueira-vicepresidente-deputacion-da-corunha-plan-unico-26-outubro-2020_01.mp3

En todo caso non fuxe do debate sobre Deputacións si e Deputacións non. Non o considera o modelo axeitado pero asume que cando entras nunha administración é para xestionala e non para destruila

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2020/10/04_xose-regueira-vicepresidente-deputacion-da-corunha-debate-deputacions-26-outubro-2020_01.mp3

O patrimonio da provincia da Coruña comeza na prehistoria e remata no tempo actual, vai do megalitismo ao románico, a idade media ou o modernismo. Unha riqueza que Xosé Regueira recoñece como moi difícil de xestionar cos recursos dun organismo como a Deputación, a prioridade ten que ser concienciar aos concellos da importancia do que teñen

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2020/10/05_xose-regueira-vicepresidente-deputacion-da-corunha-tomar-conciencia-do-patrimonio-26-outubro-2020_01.mp3

Destacan dúas iniciativas como son o Parque do Pasatempo en Betanzos, unha xoia esquecida desde hai demasiado tempo, e xa na bisbarra de Compostela as Torres de Altamira en Brión que son propiedade da Deputación. A estes proxectos polos que preguntamos o Vicepresidente engade Compostela Rupestre, unha iniciativa que é boa para a bisbarra e para a propia Capital

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2020/10/06_xose-regueira-vicepresidente-deputacion-da-corunha-pasatempo-altamira-e-rupestre-26-outubro-2020_01.mp3

Outro proxecto no que participa a Deputación e que será un cambio moi importante na oferta da provincia en xeral, e da bisbarra de Compostela en particular, é a Vía verde que comeza agora a fase de adecuación

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2020/10/07_xose-regueira-vicepresidente-deputacion-da-corunha-via-verde-26-outubro-2020_01.mp3

Rematamos preguntándolle por un proxecto que xestiona de forma directa no seu cargo de concelleiro na vila de Carballo. Os graffitis cambiaron a fisonomía de esa vila pero temos exemplos do mesmo caso en Ordes, non apoiados suficientemente desde o concello, e nos últimos tempos en Compostela, Ames ou Teo.

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2020/10/08_xose-regueira-vicepresidente-deputacion-da-corunha-graffiti-26-outubro-2020_01.mp3

Xosé Regueira fala coa seguridade que da a experiencia. A súa tranquilidade non é capaz de ocultar a paixón que lle produce falar do patrimonio en xeral e de proxectos como o dos graffiti da súa vila, Carballo. Xosé Regueira é un exemplo do doado que pode ser , se se quere, separar a xestión pública das ideas políticas xa que, xunto co resto do goberno provincial, está poñendo en valor unha institución na que non acaba de crer.

Post navigation

Previous: Boqueixón aproba o orzamento de este ano
Next: A Hostalería volve á rúa

Máis novas

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Casa Consistrorial de brion
2 minutes read
  • Xeral

A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.