Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Analizan a implantación do portugués no ensino medio galego

xose_calvino

Compostela, 5 de abril do 2017 – O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou no IES Arcebispo Xelmírez I as Xornadas Xosé Calviño 2017, que se desenvolverán ata o día 6 de abril na Aula Magna do instituto compostelán.

A actividade formativa reúne este ano máis de medio cento de docentes que se centrarán en analizar a implantación da materia de portugués nas ensinanzas medias de Galicia.

Valentín García evocou “a facilidade con que os galegos adquirimos novas linguas grazas á nosa condición de cidadáns bilingües, especialmente se se trata de idiomas románicos e,  moi especialmente, se falamos do portugués, tan próximo ao galego”. Lembrou que coñecer máis dun idioma sempre é unha axuda, “nunca un impedimento”, para adquirir calquera outro que poidamos necesitar na nosa vida adulta e instou o profesorado e o alumnado “a aproveitar este potencial partindo do galego para abordar as novas aprendizaxes”.

O secretario xeral estivo acompañado na mesa inaugural por Manuel Portas, director do instituto anfitrión; Filipa Soares, coordinadora do ensino do portugués en España e Andorra do Instituto Camões, e Antía Cortizas, presidenta da  Associação de Docentes de Português na Galiza (DPG). A consellería que dirixe Román Rodríguez apoia a iniciativa no marco das accións que leva adiante para o desenvolvemento da Lei 1/2014 para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía.

Xornadas Xosé Calviño 2017

Desde o ano 1999 o IES Arcebispo Xelmírez I de Santiago de Compostela promove as Xornadas Xosé Calviño para favorecer a reflexión pedagóxica e renderlle homenaxe ao que foi profesor de filosofía do centro, ensaísta e especialista en temas pedagóxicos. Este 2017, as Xornadas Xosé Calviño son organizadas conxuntamente polo CAFI e polo centro de ensino compostelán e desenvolveranse no IES desde hoxe e ata o día 6 de abril.

Durante estes tres días, máis de medio cento de profesores e profesoras terán ocasión de intercambiar experiencias didácticas e de debater sobre a actualidade do ensino do portugués en Galicia. Hoxe mesmo, tras a inauguración, puideron asistir á conferencia “A iniciativa Paz Andrade”, impartida por Ângelo Cristovo, representante da Academia Galega da Lingua Portuguesa (AGLP), e mais á mesa redonda “Situación actual do ensino do portugués na educación secundaria”, na que participaron Noemí Álvarez, da Consellería de Cultura e Educación; Filipa Soares, do Instituto Camões, e Antía Cortizas, da DPG.

Lei Paz-Andrade

A Secretaría Xeral de Política Lingüística apoia a celebración das xornadas pedagóxicas Xosé Calviño no marco das accións que leva adiante para o desenvolvemento da Lei 1/2014 para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía. A coñecida como Lei Paz-Andrade, aprobada por unanimidade no Parlamento de Galicia a raíz dunha proposición de lei de iniciativa lexislativa popular avalada por 17.000 sinaturas, ten como obxectivo aproveitar a vantaxe lingüística do galego na Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP).

A Xunta de Galicia contempla na súa axenda de traballo, tal e como recolle a Lei, accións estratéxicas de promoción das relacións cos países de fala portuguesa. Estas accións inclúen o Memorando de Entendemento entre a Xunta e o Instituto Camões para adopción do portugués como lingua estranxeira de opción e avaliación curricular no sistema educativo non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia (asinado en 2015) e a conseguinte implantación e consolidación desta materia en ESO e bacharelato. A esta iniciativa únense outras, como a consecución do status de membro observador consultivo do Consello da Cultura Galega en representación de Galicia na CPLP ou iniciativas de achegamento á lingua e á cultura galegas desde os sete centros de estudos cos que conta a Rede de Centros de Estudos Galegos da Xunta de Galicia en Portugal e no Brasil.

Post navigation

Previous: O goberno de Teo acusa de irresponsabilidade ao PP por pretender facer 121 plans especiais para poder segregar fincas.
Next: Ames modifica a recentemente aprobada RPT

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.