Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela

Xornadas Gastronómicas do Banquete de Conxo

20190417_125313-slide_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 18 de abril do 2019 – O concello de Santiago e a Asociación de Hostalería de Compostela presentaron as actividades gastronómicas vinculadas ao Banquete de Conxo.
    • A Festa do Banquete
    • Historia

Compostela, 18 de abril do 2019 – O concello de Santiago e a Asociación de Hostalería de Compostela presentaron as actividades gastronómicas vinculadas ao Banquete de Conxo.

A Nave 5 da Praza de Abastos acolleu a primeira xornada gastronómica de degustación de cabra das tres que se van celebrar ao abeiro da Festa do Banquete. A iniciativa foi presentada polo alcalde, Martiño Noriega; a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e a presidenta da Asociación, Sara Santos.

A listaxe de restaurantes participantes son a Pulpería Fuentes, Paz Nogueira, Los Caracoles, O Muiñeiro, A Nave de Vidán, Don Quijote, Pazo de Altamira, Sexto II, María Castaña, Mesón de Lázaro, San Jaime, Pampín, Caney, Amoado, A Ostrería e Frebas. Estes restaurantes, que se atopan por todo Santiago, prepararán pratos ou tapas especiais con cabra os días 2, 3, 4 e 5 de maio.

O obxectivo desta acción, que se leva a cabo por segundo ano, é poñer en valor este produto, que se degustou aquel 2 de marzo de 1856 e forma parte da gastronomía dos barrios do sur de Compostela. A iniciativa complétase con varias xornadas gastronómicas de degustación de cabra. A seguinte será na Bodeguilla de Santa Marta o venres 26 de abril pola tarde, e a última terá lugar o venres 3 de maio ao mediodía no mercado La Galiciana.

Por outro lado, a sede da Asociación de Hostalería acollerá a segunda edición do curso de ‘Elaboración de receitas de cabra’, que xa se celebrara o ano pasado. O curso será impartido desta vez polo profesor David Rodríguez Cebeiro e terá lugar os días 24, 25, 26, 29 e 30 de abril. Ademais a Asociación Hostalería Compostela organiza un xantar popular o domingo 5 na carballeira de Conxo. En total, espéranse repartir máis de 800 degustacións de diferentes elaboracións de cabra como produto tradicional e diferenciado non só de Conxo senón de diferentes barrios da cidade. Neste xantar, ademais de cabra tamén se servirá outras elaboracións como polbo, churrasco, empanadas, polo… e tamén estarán dispoñibles diferentes tipos de bebidas.

A Festa do Banquete

A carballeira de Conxo acollerá, por segundo ano, a Festa do Banquete cunha chea de actividades que se celebrarán os días 3, 4 e 5 de maio. A concelleira de Igualdade, Promoción Económica e Turismo, Marta Lois explica que “a Festa do Banquete celebrouse de novo o ano pasado, máis de 150 anos despois daquel 2 de marzo de 1856, cunha gran festa á que asistiron miles de composteláns e compostelás, aproveitando a recuperación ambiental do espazo que, dende aquela, pode gozar a veciñanza durante todo o ano”.

A Festa do Banquete contará con varias novidades en esta edición. Por unha banda, amplíase ao venres, xornada que servirá para que a cativanza goce de diversas actividades. Por outra banda, nesta edición implicouse tamén aos barrios de Santa Marta, Pontepedriña, A Rocha e O Castiñeiriño, por petición popular, por ser zonas pertencentes ao antigo concello de Conxo.

Ademais, co gallo de preparar as actividades que formarán parte da mesma, levaranse a cabo distintas accións durante as semanas previas. As persoas que o desexen poden sumarse como actor ou actriz ás distintas accións teatrais, ben ao roteiro histórico-teatral do sábado 13 de abril ou ao desfile teatral de estudantes e artesáns do domingo 5 de maio. Tamén poden participar ou na organización da Festa do Banquete ou ben como persoa voluntaria co grupo que está a crear a Asociación Itinera. Para calquera desas opcións habería que contactar co Centro Cívico de Conxo, no correo csconxo@santiagodecompostela.gal ou ben no teléfono 981 528 740.

Historia

O Banquete de Conxo foi un dos principais fitos da historia contemporánea de Galicia. O 2 de marzo de 1856, un grupo de estudantes universitarios, entre os que estaban Eduardo Pondal, Aurelio Aguirre, Luís Rodríguez Seoane e Manuel Murguía, mesmo especúlase que tamén tivese asistido Rosalía, convidaron a obreiros e artesáns de Compostela a un xantar baixo o abrigo da carballeira de Conxo. A comida foi servida polos propios estudantes vestidos de frac, nun xesto de gran simbolismo. Durante o banquete fixéronse brindes nos que se leron proclamas progresistas e demócratas consideradas como subversivas polos poderes dominantes da época.

Este acto de fraternidade celebrouse dez anos despois da falida revolución de Carral e os seus promotores foron ameazados co desterro.

Post navigation

Previous: O dúo Flores Rotas hoxe nas Crechas
Next: XX Mostra de Teatro Universitario de Galicia

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.