Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Boqueixón
  • Compostela

Xornadas da filloa de Lestedo no Corte Inglés de Compostela

Xornadas-Filloa-Lestedo-Corte-Ingles_0998-slide_r

Boqueixón, 1 de marzo do 2019 – O restaurante e a cafetería de El Corte Inglés de Santiago (terceira planta) acollen ata o vindeiro 9 de marzo unha nova edición das Xornadas promocionais da Filloa de Lestedo.

A iniciativa presentouse en rolda de prensa nun acto no que participaron o tenente de alcalde de Boqueixón, Jesús Sanjuás; o Director Rexional de Comunicación e Relacións Institucionais de El Corte Inglés Galicia, Pati Blanco, e o presidente da Asociación Cultural da Filloa de Lestedo, José Manuel Canabal.

Jesús Sanjuás agradeceu a El Corte Inglés que “novamente apostase pola promoción dun produto tan noso e tan propio destas datas como é a Filloa de Lestedo. Para o noso Concello é un orgullo poder contar co voso apoio para poñer en valor o bo facer da nosa veciñanza”, concluíu.

Pola súa banda, Pati Blanco explicou en que consisten as Xornadas promocionais da Filloa de Lestedo. “É un orgullo para El Corte Inglés ser unha plataforma de promoción da Filloa de Lestedo, produto autóctono de Galicia, que está presente en todas as mesas de Entroido, tanto como postre, como maridando co chourizo chorizo ou como substituto do pan…”, indicou.

Ata o vindeiro 9 de marzo, todos os días entre as 13.00 e as 16.30 horas unha filloeira elaborará en directo as Filloas de Lestedo no restaurante e a cafetería de El Corte Inglés de Santiago. Ademais de descubrir como se fan estes deliciosos produtos, as persoas asistentes terán a oportunidade de participar nunha degustación gratuíta.

Esta acción complementarase con diversa información sobre o programa da 36 Festa da Filloa de Lestedo. A celebración terá lugar o vindeiro domingo 10 de marzo nesta parroquia boqueixanesa.

Post navigation

Previous: Mandingo abre a crítica semanal coa serie coreana Kingdom
Next: A Filloa de Lestedo protagonizou unha xornada na Galiciana

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

compostela-concerto-real-filharmonia-normal-16-xullo-2019-(2)_r
3 minutes read
  • Xeral

“CANTAMOS!” coa Real Filharmonía

compostela troca e retocra 29 xullo 2026
4 minutes read
  • Xeral

Compostela terá un banco de recursos para a infancia

noia harp fest 2026 (2)
5 minutes read
  • Xeral

Comeza o Noia Harp Fest

outono codax 2026
4 minutes read
  • Xeral

Mirando cara o Outono Códax Fest

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.