Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Xornada de Traballo da Cámara de Comercio sobre axudas ás fontes de enerxías renovables

camara-de-comercio-xornada-de-traballo-slide-23-abril-2019_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 23 de abril do 2019 – A Cámara de Comercio convoca unha xornada de traballo, o 30 de abril e en colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Instituto de Eficiencia Enerxética de Galicia, sobre as axudas ás fontes de enerxía renovables.
    • PROGRAMA

Compostela, 23 de abril do 2019 – A Cámara de Comercio convoca unha xornada de traballo, o 30 de abril e en colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Instituto de Eficiencia Enerxética de Galicia, sobre as axudas ás fontes de enerxía renovables.

Na xornada informarase polo miúdo das distintas liñas de axuda do INEGA ás fontes de enerxía renovables. A Cámara orienta este acto aos seus socios, empresas, autónomos e interesados en xeral. Será impartido polo Xefe da Área de Enerxías Renovables do INEGA, Joaquín López Pérez, que aclarará as distintas dúbidas que se poden chegar a plantexar, como quen son os beneficiarios, as tipoloxías de enerxías renovables subvencionadas, os criterios técnicos de valoración dos proxectos e a documentación necesaria para realizar a solicitude.

O INEGA abriu ata o próximo 31 de maio o prazo de presentación de solicitudes do programa para impulsar as enerxías renovables e a eficiencia enerxética co que se prevé movilizar 6 millones de euros entre inversións públicas e privadas. Esta iniciativa, cun orzamento de 1,72 millóns de euros, prevé un aforro global de preto de 600.000€ ao ano, evitándose a emisión de 2.150 toneladas de CO2 anuais.

Nesta convocatoria, con subvencións de ata 300.000 euros por empresa, contemplase unha maior intensidade nos apoios ás pequenas empresas, que poderan obter ata o 55% da inversión subvencionable.

Todos aqueles interesados en asistir a xornada, con prazas limitadas ao aforo da sala, deberán formalizar a súa inscrición na seguinte ligazón: http://www.camaracompostela.com/index.asp?ind=1C0A0A0&p=210#.XLRNegzYdV

PROGRAMA

  • 09.45 h: Recepción de asistentes
  • 10.00 h: Presentación da xornada. Representante da Cámara de Comercio.
  • 10.05 h: Descrición das distintas líñas de axuda do INEGA: beneficiarios, tipoloxías de

enerxías renovables subvencionadas, cuantías de axudas, criterios exigidos, criterios técnicos de valoración dos proxectos e documentación necesaria para realizar a solicitude.

  • 11.00 h: Turno de preguntas.
  • 11.15 h: Café Networking

LUGAR DE REALIZACIÓN: sede da Cámara de Comercio de Santiago ( Rúa San Pedro de Mezonzo, 44 baixo. 15701 Santiago de Compostela).

Post navigation

Previous: Frades conmemora o Día do Libro abrindo a nova biblioteca municipal
Next: A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos reuniuse co Director Xeral de Minas Bernardo Tahoces

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.