Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Vedra
  • Xeral

Chega a XLIV Exaltación Do Viño Da Ulla

O Val do Ulla ponse de Festa para celebrar o seu produto principal, o Viño da Ulla que sustenta boa parte da economía da zona

vedra festa vinho da ulla 6 abril 2026

Vedra, 6/04/2026 – Aínda que as actividades centrais da XLIV Exaltación Do Viño Da Ulla prolónganse varios días os vindeiros 11 e 12 San Miguel de Sarandón e a Ulla acollerán os actos principais.

A finalidade da festa é promocionar, mostrar e degustar os Viños D.O. Rías Baixas da Ribeira do Ulla, organizar un concurso-cata para poñer en valor os mellores viños da tempada, mellorar a calidade e a comercialización dos viños desta subzona e ofrecer un programa complementario de actividades para dinamizar o evento.

Xornadas técnicas

Precisamente unha de esas actividades iniciarase o día 5, este mércores. Unhas xornadas técnicas sobre a cultura do viño que durarán ata o venres. Un proxecto que xorde baixo a idea de crear espazos dedicados á formación da viticultura da zona, coa finalidade de mellorar e estimular producións de calidade, así como divulgar novos  coñecementos entre os consumidores/as, mergullándoos  na cultura do viño.

O mesmo mércores a partir das oito da tarde terá lugar a conferencia “Oportunidades de aplicación da dixitalización e automatización na viticultura e adegas da Ribeira do Ulla”. Intervirá Miguel Tubío Fernández (Director Técnico do Grupo Martín Códax)

Ao día seguinte, o xoves 9 de abril, ás cinco da tarde farase unha saída para visitar a Adega Pazo de Rubianes. Un proxecto vitivinícola e enoturístico (Adega “Boutique”).

Xa o venres 10, de novo ás oito da tarde, organízase unha cata sorpresa baixo o nome de “Harmonía: viño e tapas”. Unha cata que se maridarán viños e conservas de pescados e mariscos de ANFACO-CYTMA e contará coa intervención de Nacho Costoya (Sumiller).

Para inscribirse en estas xornadas o podedes facer no seguinte enlace https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfh3_cekjJfk886WkIgy1Zq6Wug2PAshKbHKc5y0WTmRh8LZg/viewform

      * Información no teléfono 981 814 691 – 619 309 958 (Prazas limitadas)

Catas comentadas

O sábado 11 de abril, xa na fin de semana da festa, terán lugar unhas catas comentadas dirixidas polas adegas participantes. Intervirá Charly Torres (Docente do CIFP Compostela, da especialidade de servizos á restauración). Trátase dunha actividade gratuíta con prazas limitadas. Deixamos enlaces para as inscricións.

cata quenda 18:00 h. inscricións aquí 

cata  quenda 19:00 h. inscricións aquí 

cata  quenda 20:15 h. inscricións aquí 

IV Ruta Moteira Polos Viñedos da Ribeira do Ulla

Trátase dunha das actividades clásicas pese a levar só catro anos. Desde a primeira edición converteuse nunha das citas imprescindibles. Celébrase o sábado 11 de abril, con prazas limitadas e os adultos teñen que aportar un donativo de 10 euros.

As inscricións no seguinte enlace    https://www.concellodevedra.es/ficheiros/INSCRICION%20RUTA%20MOTEIRA%202026.pdf

Manuel Manquiña sendo nomeado

Ruta de coches antigos

A outra ruta tamén habitual e tamén na cuarta edición é a de Coches Antigos Polos Viñedos Da Ribeira Do Ulla, que terá lugar o domingo día 12. Tamén con prazas limitadas e un donativo para maiores de 10 anos de 40 €. As inscricións no seguinte enlace https://www.concellodevedra.es/ficheiros/INSCRICION%20RUTA%20DE%20COCHES%202026.pdf

E moito máis

Por suposto a festa terá moitas máis actividades que se irán desvelando esta semana. Tamén terá lugar a mostra dos concellos da ribeira do Ulla (artesanía alimentaria e turismo) que estará aberta sábado e domingo.

Este ano as adegas participantes serán

Pazo Arretén, Gómez e Rial, Chouzal, Mar De Envero, Lixeles, Barallobre, Adega Valdés, Casa Do Sol, María Manuela, Castro Brey, Marecaste, Lagar De Bendaña e Adega Chaos.

Post navigation

Previous: Músicas na Linde: The Rapants cruzando fronteiras
Next: Reclaman ao goberno central axilidade para os accesos ao polígono Novo Milladoiro

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.