Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Xisco Feijoó contará con Tanxugueiras no concerto de Compostela

A Sala Capitol acollerá o vindeiro domingo 20 de febreiro o concerto de presentación de Peixe de Xisco Feijoó.
xisco-feijoo-tanxugueiras-compostela-slide-16-febreiro-2022_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 16 de febreiro do 2022 – A Sala Capitol acollerá o vindeiro domingo 20 de febreiro o concerto de presentación de Peixe de Xisco Feijoó.
    • Xisco e Peixe

Compostela, 16 de febreiro do 2022 – A Sala Capitol acollerá o vindeiro domingo 20 de febreiro o concerto de presentación de Peixe de Xisco Feijoó.

O cantante e bailador Xisco Feijoó, co que falabamos no pasado mes de agosto,  acompañarase na cita de figuras convidadas entre as que están as Tanxugueiras. Xisco foi o protagonista do vídeo Midas das cantareiras e pandereteiras e agora elas participan no seu concerto.

As entradas para o concerto, que comezará ás 20.15 horas, están dispoñibles a través do propio espazo web do artista xiscofeijoo.gal .

Xisco e Peixe

O pasado 3 de febreiro Peixe, o  sinxelo de presentación do novo e proxecto do cantante e bailador Xisco Feijoó, cumpriu o seu primeiro aniversario.

O tema, avance do álbum homónimo, acompañouse á súa vez dun simpático e coral videoclip, que supuxo un chamado á diversidade. Nese intre, Peixe abriu unha ventá a novas miradas contemporáneas sobre a tradición; froito da reinterpretación de temas populares desde a modernidade e o atrevemento.

Un ano despois do lanzamento de Peixe, a Sala Capitol acollerá o concerto de celebración desta nova etapa creativa do artista coa intención de vivir unha gran festa da exaltación da tradición e da diversidade. Esta é, ao cabo, a propia esencia do álbum Peixe, publicado o pasado mes de xullo.

O disco, no que conflúen a raíz e as sonoridades modernas á vez que a voz toma o protagonismo absoluto sobre os demais instrumentos, pon en valor o papel da cantiga tradicional, da que o bailador salienta a súa identidade e significado propio.

En Santiago de Compostela Xisco Feijoó acompañarase da meirande parte da familia de Peixe, un grupo interdisciplinar de artistas que participou na gravación do disco: Artur Puga e Xan Pérez

(voces, percusións e baile), Iago Ramilo (saxofóns), Jose Manuel Díaa (contrabaixo), Mariño Malleiro (clarinete e acordeón) e Miguel Fraile (guitarra).

Sobre as táboas tamén estarán dous compañeiros da ETRAD, produtores e arranxistas do disco: Carlos Quintá (teclados) e Xosé Liz (cordas). Nos vindeiros días o bailador dará a coñecer novas colaboracións a través das súas redes sociais.

Post navigation

Previous: Ducias de concesións hidroeléctricas caducadas nos ríos da bisbarra
Next: A Praza de Abastos de Compostela apúntase ao Entroido

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.