Bisbarra, 11 de xullo do 2017 – O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Mancomunidade de Ordes vén de poñer en marcha o seu obradoiro estival de lingua galega que está a levar por todos os concellos que a forman.
Trátase dunha iniciativa lúdica e didáctica a través da que se quere estimular entre os nenos e nenas de 6 a 12 anos actitudes favorables que se traduzan nun uso xeneralizado do galego, ampliar as habilidades de comunicación oral en lingua galega, o vocabulario relacionado co deporte e incidir no uso do galego nas actividades deportivas.
Ao longo de xullo e agosto, e en colaboración cos departamentos de Cultura de cada municipio, o SNL da Mancomunidade de Ordes desenvolverá unha xincana lingüística para poder traballar sobre os ditos obxectivos. Os primeiros en disfrutar con esta iniciativa foron os rapaces e rapazas de Mesía, localidade na que se xuntaron máis de 40 participantes. Hoxe martes a iniciativa chegara ao concello de Trazo.