O Pino, 19 de abril do 2022 – O Grupo Socialista no Parlamento de Galicia preguntará polo ximnasio do concello de O Pino, financiado con fondos europeos e que nunca se abriu-
Tratase dun pequeno espazo situado no pavillón do Lameiro. O ximnasio foi dotado de distinto equipamento deportivo (cintas de correr, elípticas, bicicletas estáticas, remo, etc..).
Este equipamento foi adquirido con axudas do Programa Leader -anualidade 2019. Os socialistas locais denuncian que dous anos despois o equipo de goberno non foi quen de poñelo a disposición da veciñanza.
O Psoe local a finais do ano paso solicitou á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural un requirimento para que o Concello do Pino procedese á devolución da axuda recibida por incumprimento reiterado da normativa e, tamén, da lei de subvencións. O voceiro socialistas, Oscar Vilar, explica que “Requirimento que visto o visto nin se molestaron en contestar”
Pasados máis de seis meses, e ante a nula resposta recibida elevan o asunto ao Parlamento Galego, co obxecto de que a Directora Xeral do Agader, Inés Santé, responda en sede parlamentaria. Informando das medidas que vai tomar a Xunta de Galicia, e que ao mesmo tempo explique cal é a opinión que ten a dirección xeral do Agader sobre este asunto.