Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

XIII edición do Festival Atlántica

festival atlantica slide 18 xunho 2025

Do 28 de xuño ao 6 de xullo, as 27 sedes do Festival Atlántica acollerán 85 funcións do programa no que participan 51 artistas de procedencias tan diversas como Arxentina, Escocia, Portugal, Italia, Valencia, Aragón, Canarias, Zamora e Galicia.

Atlántica 2025 desenvolverá en esta edición propostas encaminadas a incorporar ás novas  xeracións. A primeira, a celebración de sesións mixtas interxeracionais nas que artistas sobranceiros compartirán escenario con novos talentos que, en moitos casos, contarán nun festival profesional por primeira vez.

Estas sesións combinadas (como as de Dani Lago e a escocesa Inés Álvarez, Aída Cobas con Miguel Gouveia de Portugal e Carmen Conde ou Nuria Vázquez e a valenciana Paula Carbonell)buscan crear espazos reais para dar a alternativa ás novas voces da narración oral.

Outra vía de traballo son proxectos como o recente Mapa de Seres Máxicos do Reino de Galicia, con guión de Manuel Gago e ilustracións de Leandro Lamas. Un proxecto para todos os públicos, divulgativo e visual que da conta da riqueza e diversidade da tradición oral galega a través de 34 seres máxicos.

Deseñado para ser contado e reimaxinado en familia, o mapa axuda a manter viva esa parte do patrimonio inmaterial galego, contribuíndo a evitar a súa desaparición pero tamén a atopar un oco na nosa nova sociedade.

Ademais, por primeira vez, o festival establece acordos coas universidades galegas para impulsar accións formativas e abrir espazos de formación artística e de xestión cultural arredor da narración oral. Unha colaboración que se engade ás que xa mantén con máis de 30 entidades culturais e museos, tecendo unha rede de sinerxías que reforzan o vínculo co territorio e coas súas comunidades.

De esq a dereita: Natividad Parada, Manuel Fariña, Mónica Rodríguez, Xosé Penas, Anxo Lorenzo, Soledad Felloza, Míriam Louzao, Margarita Rosende, Cruz Rivadulla e Xosé Luciano Otero | FOTO: Miguel Muñiz

Na rolda de prensa  de presentación do Atlántica participaron Anxo Lorenzo, director Xeral de Cultura da Xunta de Galicia; Xosé Penas, deputado de Patrimonio da Deputación da Coruña; Míriam Louzao, concelleira de Capital Cultural, Turismo, Educación e Memoria Histórica do Concello de Santiago; e Soledad Felloza, directora de Atlántica.

Na súa quenda, Míriam Louzao amosou a súa ledicia pola nova edición do festival que acollerá 51 artista aos que describiu como “alquimistas da palabra que nos amosarán como empregala para imaxinar outros mundos posibles, para exorcizar as dores e construír espazos seguros onde gorecernos fronte o balbordo e o caos, fronte aos discursos totalitaristas que, cada vez máis, nos arrodean”.

Pola súa banda, Anxo Lorenzo vinculou directamente o labor do festival coa “Galicia que leva moito tempo, cultivando, mantendo e transmitindo unha maneira de comunicar a través da narración oral” e falou dunha “tradición non fosilizada, un ben cultural plenamente vivo”.

Xosé Penas non dubidou en incluír Atlántica entre os “festivais únicos, singulares e exclusivos que temos que considerar parte de noso patrimonio” e que é, ademais, “capaz de transcender as fronteiras para converterse nun referente do país”.

Na súa intervención Felloza compartiu coa audiencia a necesidade de “pensar e repensar o futuro da narración oral e das novas formas desta arte” nunha sociedade galega cada vez máis urbana. “Como incluír ás novas xeracións na arte de contar historias?”, preguntou a directora do festival.

+Info e programación en http://festivalatlantica.gal

Por riba de todo, historias

Mais alén destas liñas de acción a prol da tradición oral, Atlántica segue a defender o seu destacado lugar no mundo dos festivais da narración oral grazas a unha programación sólida onde collen historias para todas e todos.

As 80 funcións programadas inclúen estreas absolutas como Fare le corna do italiano Simone Negrin, un espectáculo creado ex profeso para botar lonxe a mala sorte nesta edición número 13, as esperadas Novas historias do filandar do zamorano ‘Don Guti’, o Contara de Celso Fernández Sanmartín e Memorias do lume, un exercicio de autonarración da propia Soledad Felloza.

O festival trae tamén historias que se escoitarán por primeira vez no estado español como as de Inés Álvarez, una asturiana asentada desde hai máis de dúas décadas en Escocia e integrante do Scottish Storytelling Forum, ou as do portugués Miguel Gouveia.

Todo isto sen esquecer as estreas en Galicia, caracterizadas pola súa variedade: a mestura de poesía e robótica que destilan os Artiloxios do aragonés Oswaldo Pai, o bo facer cos máis pequechos da valenciana Paula Carbonell, o sotaque isleño que regalan as canarias Loreto Socorro e Laura Escuela e as emociones agochadas nas Historias de ida e volta de Larraitz Urruzola.

A alquimia dos contos

Volven nesta edición as fórmulas gañadoras de anos previos e que demostraron que todo mellora cos contos. Son bos exemplos os roteiros, que xa chegan a cinco concellos e que saen dos espazos urbanos (Rótulas urbanas con Elvira Carregado en Ourense ou Ferrol na historia con Margarita Sánchez) para pasear por castros (como o das Barreiras de Vimianzo con Tito Concheiro), petróglifos (os de Bouza Badín de Dodro con Manuel Santos Estévez) e mesmo montan en barco para visitar a ría de Ferrol (O porto ilustrado con Guillermo Llorca).

A arxentina Carolina Arabia, autora do exitoso De cantos y animales, serán tamén quen de amosar o poder alquímico das historias na transmisión do coñecemento, ao igual que o antropólogo Rafa Quintía (No país das cousas marabillosas, coas caldupeiras da A.V. Porto do Cabo).

Castelao: homenaxe ao narrador

Como novidade, nesta edición, Atlántica rende homenaxe a Castelao no 75 aniversario do seu pasamento, recoñecendo o seu papel clave na recuperación da cultura galega e o seu talento como narrador de historias.

As testemuñas orais lembran a súa capacidade para emocionar co verbo, co conto breve e coa palabra viva. Atlántica quere celebrar tamén ese Castelao contador. Esta reivindicación materializarase en dúas actividades, a primeira, unha lectura pública da obra de Castelao aberta á cidadanía no Panteón de Galegos Ilustres (Como dicía Castelao, 1 de xullo, 11.30-20.30 h,) que terá un peche festivo cun concerto das Bouba Pandeireteiras (1 de xullo, 21 h, CSC Maruxa e Coralia). E a segunda, un roteiro narrado polas rúas de Santiago da man de Quico Cadaval e mais Carme Varela que rememorará os nove anos de Castelao na cidade (A pegada de Castelao, 3 de xullo).

Atlántica, Festival Internacional de Narración Oral, naceu no ano 2013 con sede en Santiago de Compostela cunha clara vocación de ser un encontro de voces e historias de perfil atlanticista. Mantén o seu obxectivo de indagar nas raíces comúns das historias do océano, na procura da identidade cultural do Atlántico. Traballa a prol da posta en valor dunha arte escénica amarrada ao territorio, antiga pero adaptada aos tempos, e ampara, xera e difunde unha narrativa integradora, igualitaria e sostible.

Post navigation

Previous: Domingo de Lume Sagrado en Boqueixón
Next: Primeiro paso para unha profunda remodelación do casco histórico de Compostela

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.