Rois, 9 de maio do 2018 – O concello de Rois acollerá o próximo sábado a duodécima edición do Trofeo ciclista San Isidro que serve cada ano coma homenaxe ao corredor Suso Blanco Villar.
No Trofeo San Isidro participarán corredores das categorías júnior e master. Comezará as dez da mañá fronte á casa do concello de Rois. O circuíto, moi esixente, percorre os lugares de Antequeira, A Pontenova, Oín e Samil e o número de voltas variará según a categoría.
O trofeo homenaxea cada ano a Suso Blanco Villar, veciño e corredor que nos anos 80 e 90 gañou varias etapas da Volta a España e incluso vestir durante algunha xornada o xersei de lider. Actualmente é o director deportivo do Club Ciclista Padronés Aluminios Cortizo, desde o que promove a novas figuras deste deporte. É precisamente o C.C.Padronés o organizador da carreira, coa colaboración do Concello de Rois e da Deputación da Coruña, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta e Abanca.