Compostela, 10 de outubro do 2022 – A xente que fai posible o Outono Códax Festival sempre nos sorprende e en esta decimo segunda edición traen a Compostela a Big Chief Monk Boudreaux.
Joseph “Monk” Boudreaux é o xefe indio vivo de maior idade en New Orleans. Unha tradición musical que data do século XIX. Monk vese a si mesmo como o gardián das crenzas da comunidade negra da cidade. É un dos heroes da cultura local máis coñecidos e queridos, gañador do Premio ao Patrimonio Nacional do National Endowment for the Arts e a inspiración para personaxes en dramas televisivos como a serie de HBO Treme .
O último disco de Monk Boudreaux, Bloodstains & Teardrops (2021), é un exemplo dramático de como o seu método de cantar como Gran Xefe de Mardi Gras pode aplicarse a outros xéneros. O disco inspirouse no interese de Monk pola música reggae. «Rueben Williams [o seu manager] suxeriu que fósemos a Xamaica e gravásemos un disco. Cando cheguei alí, descubrín que Bob Marley fora o meu admirador durante moitos anos», contou Monk.
Moito máis e moi bo
A XII edición do Outono Códax fórmase con 12 concertos do 2 ao 30 de novembro. Con figuras Carlton Jumel Smith ou MFC Chicken. John “Papa” Gros, Daddy Long Legs. Desde máis cerca chegarán La Perra Blanco, Moura, Honky Tonk Heels ou Nastasia Zürcher que ven de gañar o Martín Códax na categoría de mexor proxecto de blues.
En canto ás actividades paralelas haberá a presentación, con coloquio posterior, do libro “Los 100 mejores documentales del Rock” de Xavier Valiño, Premio Pop-Eye ao mellor libro musical 2022.
Este ano haberá tamén comedia cos “Monólogos sen restriccións” de Marta Doviro, Ledicia Sola e Carmen Méndez. As catas de viño estarán combinadas cos concertos de Mera&Tato,
Sabela King & Benjamín Vázquez e Kind of Soul.
A música no cinema será unha xornada na sala Numax que terá a seguinte programación:
12.00h presentación a cargo de Xavier Valiño, Alberte Branco e Fran Villasenín
12.15h Blow-Up. Michelangelo Antonioni, 1966
17.00h The Punk Singer. Sini Anderson, 2013
20.15h Charles Bradley: Soul of America. Poull Brien, 2012
21.45h Songs for Drella. Edward Lachman, 1990
Tedes toda a información sobre os concertos, as actividades e a venda de entradas na web do Outono Códax Festival.