Compostela, 2/06/2026 – O concello de Santiago acolleu a presentación da décimo segunda edición da Maker Faire Galicia. Un universo de creatividade e tecnoloxía que se celebrará esta fin de semana en Área Central.
Será a primeira das tres xornadas que a Maker Faire celebrará en este 2026, as seguintes terán lugar en outubro e novembro. A de esta fin de semana centrada na familia e nos avances que afectan de xeito máis directo á cidadanía.




A xornada de este sábado, centrada no emprendemento e á Innovación social, contará con charlas inspiradoras, coma as de Nuska Chousa, Pablo Núñez, Gallos del Norte ou Mar Benavides entre outras, un total de 20 obradoiros para todas as idades e totalmente gratuitos, de Do it Yourself, ciencia e tecnoloxía, e a exposición de preto de 40 proxectos interactivos coa participación de máis de 150 Makers, tanto a nivel nacional coma internacional.
Toda a información do evento pode consultarse a través da web oficial da Maker Faire Galicia e das súas redes sociais.
Á rolda de prensa asistiron María Rozas, Concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, Rosa Méndez, Directora da Área de Innovación Empresarial do IGAPE, Marta Mariño, Directora Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, e Enrique Saavedra, Coordinador da Maker Faire Galicia.
As seguintes xornadas terán lugar o 9 de outubro, na Casa das Máquinas de Galeras, dedicada á Industria; e o 20 de novembro, tamén na Casa das Máquinas, a xornada dos Oficios.
