Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Axenda
  • Melide

XI edición do Festival Motorock Milli Riders

Melide acolle na fin de semana este festival orgnado polo Motoclub Melide Milli Riders coa colaboración do Concello

Cartel do Festival Motorock Milli Riders

Melide, 24/06/2026 – O alcalde de Melide, José Manuel Penas, e a concelleira de Deportes, Ana Mosteiro, participaron na presentación da XI edición do Festival Motorock Milli Riders, que se celebrará este venres 26 e sábado 27 de xuño no parque Rosalía de Castro.

O evento está organizado polo Motoclub Melide Milli Riders, asociación sen ánimo de lucro, e conta coa colaboración do Concello de Melide. Trátase dunha cita xa consolidada que reunirá afeccionados ao motociclismo, así como veciños e visitantes chegados de distintos puntos de Galicia, Barcelona e Portugal.

Desde o Milli Riders destacan a boa resposta que adoita rexistrar o festival, cunha asistencia que sempre supera amplamente o medio milleiro de persoas e que, nas edicións acompañadas polo bo tempo, chega a incrementarse de maneira notable.

A programación dará comezo o venres coa actuación de DJ Maikstyle e unha sesión de petiscos para os asistentes.

Xa o sábado desenvolverase a xornada principal, que incluirá a tradicional ruta libre con saída ás once da mañá desde o parque Rosalía de Castro. O percorrido pasará por Vila de Cruces, Portodemouros ata Arzúa, e durante o traxecto realizarase unha parada para degustar unha lambiscada antes do regreso a Melide, previsto arredor das dúas do mediodía. Desde a organización destacan que nesta ruta pode participar calquera persoa que o desexe, sen necesidade de estar inscrita.

Ao remate da ruta celebrarase un xantar, co polbo como protagonista, no parque Rosalía de Castro. Por cuestións de aforo, esta actividade está limitada a entre 200 e 250 persoas. A inscrición completa ten un prezo de 50 euros, mentres que a modalidade media custa 35 euros.

As persoas interesadas poden formalizar a súa participación no teléfono 681 254 860. A reserva poderá realizarse incluso o propio día do evento, sempre que queden prazas dispoñibles, aínda que a organización sinala que xa quedan moi poucas vacantes.

A programación do Festival Motorock Milli Riders da tarde do sábado incluirá actividades como xogos moteiros e outras propostas pensadas para compartir horas de lecer. Durante toda a xornada tamén haberá animación musical con DJ.

A noite estará marcada pola celebración dunha paellada e dunha nova sesión musical, culminando coa actuación do grupo Calle del Ruido nunha auténtica noite de rock.

Desde o Concello animan á veciñanza e aos afeccionados ás dúas rodas a participar nun evento que volverá converter Melide nun referente do ambiente moteiro durante este fin de semana.

Post navigation

Previous: Os concellos comezan a mirar canta auga queda
Next: Teo solicita á Xunta unha valoración de danos da área arqueolóxica do Monte Piquiño

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.