Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Silleda

XGN R Encounter abriu para os responsables unha nova etapa

semana verde sgnr comezou onte slide 9 setembro 2017 (1)_r

Table of Contents

Toggle
  • Silleda, 11 de setembro do 2017 –  Os máximos responsables da XGN R Encounter expresaron a súa “enorme satisfacción” polos resultados da edición que rematou onte nas instalacións da Fundación Semana Verde en Silleda.
    • Novidades con gran aceptación
    • Satisfacción dos participantes

Silleda, 11 de setembro do 2017 –  Os máximos responsables da XGN R Encounter expresaron a súa “enorme satisfacción” polos resultados da edición que rematou onte nas instalacións da Fundación Semana Verde en Silleda.

A Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda) acolleu desde o pasado 8 de setembro a 17 edición do evento tecnolóxico XGN R Encounter, que reuniu a máis de 800 participantes e a centenares de visitantes. O obxectivo agora é seguir aproveitando a aposta de R polo evento, que permitiu unha conectividade de 10 xigas simétricos de velocidade, para seguir crecendo ata converterse nuns anos no segundo maior evento tecnolóxico do Estado tras a Euskal Encounter.

Ricardo Durán, director da Feira Internacional de Galicia ABANCA e do evento, destacou que con esta 17 edición, a cal tamén contou co respaldo da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia,  ábrese unha nova etapa, cargada de oportunidades para os afeccionados e profesionais das novas tecnoloxías. Durán destacou que Silleda converteuse durante estes tres días no epicentro tecnolóxico de Galicia, e que a súa ambición é seguir medrando en inscritos e contidos, a través dunha aposta pola unión entre lecer, tecnoloxía e innovación.

Durán considerou como “un éxito” as novidades incluídas nesta edición, que en boa parte chegaron da vinculación da party galega coa rede de ‘Encounters’ do Grupo Euskaltel que vén desenvolvéndose en Euskadi desde hai 25 anos, e da que forman parte a Euskal Encounter, a Gipuzkoa Encounter e a Araba Encounter. De feito, unha vintena de voluntarios do equipo organizador destes eventos tecnolóxicos en Euskadi acudiu a Silleda para reforzar o funcionamento do evento en todas as súas vertentes, apoiando aos máis de 60 profesionais galegos que forman parte da súa estrutura.

Pola súa banda, Sabino San Vicente, coordinador da rede ‘Encounter’ e xerente da Fundación Euskaltel Konekta, destacou a aposta de R polo evento, o que ao seu xuízo permitirá que siga crecendo en próximas edicións. En concreto, adiantou que as áreas de arte dixital, robótica, impresoras 3D e realidade virtual serán especialmente reforzadas a futuro, vista a boa experiencia deste ano. E mostrou a súa confianza en que os asistentes que gozasen coa experiencia fagan de prescritores para que a próxima edición sexa aínda máis multitudinaria e completa.

Novidades con gran aceptación

Nesta edición reforzáronse considerablemente todas as áreas do evento. En total, celebráronse doce torneos de videoxogos fronte aos oito da pasada edición, e incluíronse como novidade actividades de robótica e realidade virtual. Ademais, potenciáronse as conferencias e os talleres formativos, nos que se abordan temáticas como a ciberseguridad, o cosplay, a realización de videoxogos e os drons.

Pero una das principais novidades foi a aposta pola arte dixital, ata o punto de que se incorporaron 10 competicións en modalidades que abarcan a ilustración, o retoque fotográfico, os deseños 2D e 3D, a música dixital e mesmo as creacións realizadas a través da realidade virtual. Esta sección non contara cun espazo propio ata agora, a pesar de que moitos dos asistentes ao evento son deseñadores e artistas gráficos. Os encargados de organizar as competicións mostraron a súa satisfacción ante a gran calidade das obras presentadas.

Satisfacción dos participantes

Á espera da análise en profundidade das enquisas de valoración, a satisfacción dos asistentes foi moi alta. Os participantes destacaron especialmente a enorme velocidade da internet, a fiabilidade da rede, e o alto número de actividades desenvolvidas

En canto á procedencia de quen tomou parte neste evento tecnolóxico, aínda que a maioría son galegos, tamén chegaron participantes doutras provincias de España, como Asturias, Madrid, Barcelona, Bizkaia, Cantabria, Burgos, Sevilla, Salamanca, Navarra, Valencia, Baleares, Gipuzkoa e Alacante, entre outras.

Da enorme dimensión tecnolóxica do evento dan boa mostra os datos de información compartida durante estes tres días. Os máis de 800 inscritos moveron máis de 46 millóns de megas de información, un reflexo da intensa actividade en todas as áreas nas que se dividiu o evento.

Post navigation

Previous: Santiago Futsal, 15 anos en primeira merecen un logo conmemorativo
Next: A facultade de filosofía da USC acolle o seminario  Pensando o Novo Cinema Galego

Máis novas

silleda achado arqueoloxico slide 30 setembro 2026
5 minutes read
  • Xeral

Silleda descobre unha necrópole medieval na praza da Igrexa

silleda presentacion festa da empanada bandeira 25 xullo 2026
2 minutes read
  • Axenda

A Festa da Empanada cumpre 50 anos

Cartel do certae música a fartar en Bandeira, Silleda
2 minutes read
  • Xeral

 “Música a fartar” na vila da Bandeira

Presentación da edición trinta e seis da Romaría da Rapazada en Silleda
5 minutes read
  • Xeral

36ª Romaría da Rapazada

Presentación da ruta de clásicos que partirá de Silleda
3 minutes read
  • Xeral

XVIII Ruta Turística A Lanzada, de vehículos clásicos,

silleda vandalismo carboeiro 7 abril 2026 (1)
3 minutes read
  • Silleda

Vandalizan o Mosteiro de Carboeiro en Silleda

LUIS PENIDO PREMIO EUROPEO 6 FEBREIRO 2026
3 minutes read
  • Compostela

O Consejo Superior de Deportes recoñece a Luís Penido e Christian Costoya como deportistas de alto nivel

silleda entroido 2026
4 minutes read
  • Axenda

A tradición do Entroido do Ulla comeza o 7 en Silleda

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.