Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

Unha xestora de residuos de construción comezará a funcionar en Teo

O concello ven de emitir un comunicado no que lembra que non ten competencias no proceso

Casa consistorial de Teo

Teo, 21/03/2026 – Desde hai anos calquera instalación vinculada á reciclaxe ou xestión de certo tipo de residuos levanta sospeitas na poboación. O sucedido en distintos lugares xeran preocupación e a posible instalación  xestora de residuos de construción en Teo pasa polo mesmo proceso.

O Concello de Teo ven de emitir un comunicado no que “quere deixar claro que non ten nin tivo potestade algunha para autorizar ou non a Xestora de Residuos inertes da Construción que se ubicará no lugar da Torre, parroquia de Cacheiras”.

O goberno municipal lembra que se trata dunha competencia autonómica na que “o Goberno local non pode emitir ningún tipo de informe vinculante”. O goberno reuniuse coa veciñanza do lugar á que lle trasladou que “a empresa conta con autorización ambiental da Administración autonómica, non polo Concello”.

Na reunión estivo presente a alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, e o arquitecto municipal, que informaron do proceso e da situación actual, “quedando resoltas todas as dúbidas dos veciños”.

A planta que se pretende implantar en solo rústico ten un uso permitido conforme á Lei Galega do Solo, que no seu artigo 35 “usos e actividades en solo rústico”, apartado “m”, estipula que se permitirán as instalacións e infraestruturas públicas ou privadas para a xestión e tratamento de residuos inertes en solo rústico.

Conforme á lexislación ambiental, o ente autonómico só lle pediu ao Concello un informe de viabilidade urbanística da parcela, o cal nin tan sequera foi emitido. En estes casos non é necesaria a autorización municipal para a aprobación da tramitación medioambiental de dita actividade, xa que a lei di expresamente que deberá ser favorable en calquera caso.

Nesa xuntanza tamén se lles recordou que toda a tramitación desta planta estivo sometida a exposición pública, tanto na web oficial da Xunta de Galicia como nos medios de comunicación de máxima tirada, podendo exercer o dereito de alegación e de consulta por calquera veciño ou asociación.

Estase a falar dunha empresa que pechará o ciclo de vida útil dos materiais da construción, co obxectivo de reducir as emisións de CO2 e residuos contaminantes. Esa empresa, que leva desenvolvendo actividades industriais nesa mesma parcela desde fai máis de 20 anos, traballará con materiais inertes, tales como pedra, ladrillo, xeso ou ferro, converténdose nunha especie de punto limpo para ese tipo de materiais. En calquera caso, non haberá nin lodos nin ningún tipo de residuos orgánicos.

Post navigation

Previous: A poesía de Neira Vilas nos Luns do Ateneo
Next: O Museo do Pobo Galego collerá unha xornada arredor da cultura da máscara

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.