[columns]
[column size=”1/2″] O novo verquedorio afectará a aldeas de Rois[/column]
[column size=”1/2″]Fonte: Xente de Rois[/column]
[/columns]
Rois, 07/10/2016 – As últimas novas falan da creación dun Centro de Xestión Ambiental en Lousame, un macrovertedoiro de residuos industrais.
Esta infrastrutura vai afectar dunha maneira directa a algunhas aldeas de Rois, por exemplo Moares e O Barreiro, que están moi preto. A parroquia de Ermedelo xa está bastante deixada da man para que por riba teña que aturar un perigo medioambiental destas características. Como explica Noelia Dosil, coordinadora da Plataforma contra o Novo Verquedoiro de Residuos Industriais de Lousame, “na parcela na que se construiría o vertedoiro e nos seus arredores existen multitude de fontes. Existe un risco importante de contaminar as augas”.
Diante dun proxecto desta envergadura, desde Xente de Rois preguntamos: O concello de Rois informou sobre o asunto aos veciños da zona? Así as cousas, desde Xente de Rois amosamos a nosa preocupación e por iso imos difundir e informar os veciños sobre o asunto, e tamén apoiar, na medida das nosas posibilidades, á Plataforma contra o Novo Verquedoiro de Residuos Industriais de Lousame.