займ срочно

Torneo de Xadrez de Reis en Lousame

0

Lousame, 3 de xaneiro do 2021 – O concello de Lousame organiza un Torneo de Xadrez de Reis que terá lugar en liña o venres 7 de xaneiro.

O torneo de xadrez celebrarase de 20:30 a 21:15 horas. Terá lugar en liña, a través da páxina web Lichess. Esta páxina está xestionada por unha organización sen ánimo de lucro que se dedica a facilitar o xogo de xadrez en liña. Os usuarios, ademais de xogar, poden aprender o mellorar o xeito de xogar, ver partidas e mesmo facer preguntas á outros usuarios da comunidade.

Para participar no torneo organizado por Lousame só é preciso anotarse por whatsapp no teléfono 633 447 674. O torneo está organizado por Alberto Dios, profesor do CPI Cernadas de Castro e mestre das clases de xadrez no municipio, en colaboración co Concello de Lousame.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies