Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Xabier Díaz e Adufeiras farán dous pases do concerto de Nadal

Xabier Díaz leva desde o 2016 ofrecendo un concerto de Nadal na sala Capitol de Compostela.
Xabier-Diaz-foto-web-slide-21-decembro-2021_r

Compostela, 21 de decembro do 2021 – Xabier Díaz leva desde o 2016 ofrecendo un concerto de Nadal na sala Capitol de Compostela.

As entradas para ese concerto agotáronse xa polo que Xabier Díaz e Adufeiras do Salitre ofrecerán dous pases, sendo o primeiro as cinco da tarde e o segundo, xa vendido, as oito e media.

A cita co concerto de Nadal será o vindeiro 26 de decembro. O proxecto do músico coruñés ofrece ao público compostelán un concerto que, dalgún xeito, quere ser unha festa de celebración para despedir o ano e, no caso da banda, despedir tamén a xira de concertos do verán.

Presentarán o seu último traballo As Catedrais Silenciadas, terceiro álbum coas Adufeiras de Salitre e, quizais, a obra que mellor explora os límites dun formato que xa percorreu máis de 13 países con máis de 200 concertos.

As Catedrais Silenciadas son un berro de alerta ante o progresivo despoboamento do rural e a perda identitaria que isto implica. Un chamamento ante a desaparición da cultura propia que nos diferencia do resto do mundo. As Catedrais Silenciadas son, en palabras de Xabier Díaz, ‘’os vellos soutos milenarios, o idioma, os alalás, os nomes dos cons, as vacas ou as vellas ribeiranas. Cómpre restauralas e empregalas para que medren vizosas e prendan no peito de quen non as coñece.’’

A cita do 26 de decembro contará coa colaboración das pandeireteiras do Morrazo Lina e Lola, encargadas de abrir un concerto en que, como vén sendo habitual, Xabier Díaz e As Adufeiras de Salitre queren poñer o ramo ao 2021 con música, percusión, festa e moito baile.

Post navigation

Previous: Inxección económica para a as novas salas do Museo do Pobo Galego
Next: Apalpador e calendarios na feira do 22 en Arzúa

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.