займ срочно

A World Music chega aos Atardeceres do Gaiás con Bareto, C.Tangana e Gustavo Almeida

0

Compostela, 20 de xullo do 2017 –  A Cidade da Cultura de Galicia celebra esta semana tres novos concertos de Atardecer no Gaiás 2017, con música para todos os gustos: da cumbia alternativa de Bareto ao trap de C. Tangana e os ritmos brasileiros de Gustavo Almeida.

Bareto

 Atardecer no Gaiás hoxe as nove da noite na praza central coa banda líder da nova escola peruana: Bareto. A banda, nada no 2003, regresa a Compostela tras o seu exitoso paso polo Womex e encherá a Cidade da Cultura coa súa cumbia e música tropical alternativa, novos ritmos que lle valeron dúas nominacións aos Grammys latinos.

Os novos ritmos serán protagonistas tamén mañá venres, 21 de xullo, da man de C. Tangana, unha das grandes figuras da música urbana nacional. Líder absoluto en Spotify e youtube, o seu hip hop tende pontes cara a outros xéneros como o pop alternativo, a electrónica ou o reggaeton. A festa prolongarase cunha sesión DJ a cargo de Chago.

O último concerto da semana no Gaias terá lugar o sábado da man de Gustavo Almeida. Rock, funk, reggae… Con tres discos editados e unhas cancións de aires frescos e divertidos, o cantautor nado en Río de Janeiro pero afincado en Pontevedra amosará na praza central do Gaiás o seu directo realista, romántico e versátil.

Bareto no Womex

Bareto no Womex

Todas as citas de ‘Atardecer no Gaiás’ comezan ás 21 horas na praza central da Cidade da Cultura. A entrada é libre e de balde. E o último bus para baixar do Gaiás é o C11 e ten lugar ás 22:45 horas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies