A Baña, 15 de abril do 2018 – O Psoe de A Baña ven de presentar unha moción para ser debatida en pleno na que solicita a instalación de wifi gratuita nos edificios públicos de A Baña ao amparo das axudas europeas.
O portavoz socialista en A Baña, José Pereira Gil, explica na moción que a Comisión Europa ven de poñer en marcha a iniciativa Wifi para Europa. Este proxecto dota de axudas, de ata 15.000 euros, coa finalidade de establecer puntos de acceso gratuítos a internet instalados nos edificios públicos.
Para o Psoe estas subvencións adáptanse as características de A Baña e son unha boa oportunidade para instalar puntos de acceso wifi nos edificios municipais, locais sociais das distintas parroquias, e espazos públicos (pavillóns deportivos, prazas, áreas recreativas, etc). Os socialistas engaden que ter wifi gratuíto nestes espazos, axudaría a dinamizar o día a día da veciñanza xa que é unha das demandas mais solicitadas por moitos dos residentes.
