Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Compostela

Vox naufraga en Compostela

Cerca de mil persoas impediron a charla do deputado de Vox en Bruselas, Jorge Buxadé.

compostela manifestacion contra vox 22 setembro 2026

Avante LGTB+

Compostela, 22/09/2026 – A nova de que Vox tiña autorización para dar unha charla no centro socio cultural de Santa Marta quentou os ánimos entre distintos colectivos que acudiron a detela.

A presencia do deputado ultra de Vox Jorge Buxadé en Compostela non foi ben recibida por aqueles aos que constantemente se denigran. Desde colectivos como AVANTE LGTB + ata nacionalistas ou asociacións que traballan con emigrantes.

Uns mozos pecháronse no centro socio cultural de Santa Marta horas antes da charla prevista. Aos poucos foi chegando xente ata reunir case mil persoas ás portas do edificio.

Cando chegou Buxadé e os seus acompañantes os gritos antifascistas levaban tempo soando. A policía nacional mantivo a calma e a separación entre os integrantes de Vox e  xente, aínda que en algún momento chegaron a cargar contra os manifestantes. Os ultras intentaron que se desaloxara pola forza o centro socio cultural pero non se chegou nin a intentar.

Antes de marchar intentaron dar a charla, ou polo menos algunhas mensaxes, cun megáfono, pero a multitude o impediu cos seus gritos. Vox nunca tivo problemas en Compostela e de cando en vez pódese ver algunha das súas carpas cerca da Alameda ou a Praza de Abastos. O sucedido en Ceuta e a postura máis radicalizada aínda do partido provocou  mobilización.

A imaxe que publicamos foi cedida por AVANTE LGTB +

Post navigation

Previous: Presentadas as novas liñas de autobús para Compostela
Next: III Ruta do Románico Teense

Máis novas

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

noia vai de tapas 5 novembro 2026 (2)
4 minutes read
  • Xeral

Noia vai de tapas

ames aproba novo credito para gastos ordinarios 2 novemro 2026
10 minutes read
  • Ames

Ames aproba un novo crédito extraordinario de 1,4 millóns de euros

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.