займ срочно

Volven os mercados á rúa

0

Bisbarra, 25 de febreiro do 2021 – Son varios os mercdos tradicionais que volven á actividade tras a redución das restricións que entrarán en vigor desde este venres.

A maioría dos mercados foran suspendidos ante o aumento de casos da terceira onda. Agora concellos como Silleda, Melide ou Padrón retoman esta fin de semana a súa actividade.

Melide

Melide recuperará este próximo domingo o seu mercado dominical de téxtil, calzado e ferraxaría. O mercado agroalimentario continuará situándose na súa ubicación habitual, a praza das Coles e na rúa Alhóndiga, mantendo sempre as distancias entre os postos e velando polo cumprimento estrito das normas sanitarias establecidas.

O mesmo acontecerá co mercado de textil, calzado e ferraxaría que seguirá celebrándose na rúa Galicia e na praza das Universidades co obxectivo principal de garantir as distancias sociais e facilitar a mobilidade.

Levarase a cabo un dispositivo especial de vixianza para velar pola seguridade de veciños/as e visitantes.

Silleda

Silleda comeza a abrir servizos e o venres desprecintará os parques infantís, o sábado abrirá o punto limpo e de cara o domingo volverán as Feiras da Bandeira. Permitirase a instalación de todo tipo de postos sempre que garden as distancias.

Padrón

 Padrón amplía as posibilidades do mercadillo que, debido as restricións sanitarias, só permitía postos de alimentación e produtos de primeira necesidade. O concello ven de autorizar os postos de roupa e calzado. Manterase en calquera caso unha capacidade do 50%, alternándose en fins de semana os postos, como ven sendo habitual desde o remate do confinamento.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies