Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Axenda

Volven as Xornadas de Ilustración urbana nunha edición virtual

Santiago acolle un ano máis as Xornadas de Ilustración Urbana aínda que, debido á situación sanitaria, en formato virtual.
compostela-xornadas-de-ilustracion-urbana-slide-27-outubro-2020_r

Compostela, 27 de outubro do 2020 – Santiago acolle un ano máis as Xornadas de Ilustración Urbana aínda que, debido á situación sanitaria, en formato virtual.

As Xornadas de Ilustración Urbana son un complemento do evento Compostela Ilustrada que se celebra no verán. Este ano estrean un formato virtual tal como anunciou a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón,  acompañada do deputado provincial de Cultura, Xurxo Couto, e da organizadora das Xornadas, Gemma Sesar.

Volven as Xornadas de Ilustración urbana nunha edición virtualAs Xornadas de Ilustración Urbana serán en este 2020 unha única proposta que se celebrará o 7 de novembro. Zoom é a plataforma que permitirá ao público asistir a estas conversas que comezan coa artista María Herreros na sesión das 12 da mañá, seguida de Catalina Rodríguez, que indagará sobre os seus cadernos de viaxe dos camiños de Santiago e de Kumano. A mañá rematará cunha conversa sobre a exposición Xirarei, comisariada por Fausto Isorna para o Auditorio de Galicia e que se clausurou o pasado mes de setembro.

Para as sesións da tarde contarase cunha entrevista a Pablo Rosendo, que achegará ás Xornadas ás sendas de Ons, seguida dunha conversa de Luis Ruiz Padrón sobre ilustración e xornalismo. Pechará as xornadas a súa moderadora, a artista Maru Godas.

O público poderá interactuar cos ilustradores a través do chat, que responderán en directo ás súas preguntas.

A asistencia ás xornadas é gratuíta, pero é preciso inscribirse ás mesmas a través da páxina do evento www.xornadasdeilustracionurbana.com

Post navigation

Previous: Os casos de Covid nos centros educativos da Área Sanitaria seguen crecendo e superan a centena (26/10/2020)
Next: Boqueixón instala cubertas nos parques infantís de Camporrapado e Lestedo

Máis novas

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

silleda-subrogacion-saf-slide-24-xaneiro-2022_r
2 minutes read
  • Compostela

Siad 24 sen argumentos para non pagar as nóminas do SAF

DANIEL CROS Y LAS ALMAS
2 minutes read
  • Xeral

Daniel Cros trae Las Almas Sedientas a Santiago

compostela maker faire xornada industria 30 setembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

A Maker Faire Galicia organiza unha Xornada de Industria

fundacion granell inauguracion expo slide 30 setembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

“Bata paisana. Bravas do país” na Fundación Granell

Luz-Fandinho-slide-29-abril-2024-151_r
2 minutes read
  • Xeral

Luz Fandiño terá o seu recoñecemento

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.