Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

Volven as Noites Curtas a Compostela

It-s-a-Date-slide_r

Compostela, 15 de agosto do 2018 – Esta noite e a do próximo día 23 o Festival Curtocircuito volve a organizar as Noites Curtas no casco vello de Compostela.

Les vimos reír y creímos que era de felicidad

A cita coas Noites Curtas serán a partir das dez da noite en dúas sesións gratuitas. Na primeira cita, hoxe mesmo na Praza das Praterías, os asistentes poderán ver unha escolma dalgunhas das curtametraxes máis destacadas da pasada edición do festival compostelán, marcada por varios dos seus trazos fundamentais, como o risco e a diversidade de xéneros e procedencias das películas.

Martín Pleure

A animación ocupa unha parte importante do programa, con pezas como Contact, de Alessandro Novelli (gañadora do Premio Penínsulas, que Curtocircuíto outorga a producións españolas), a nominada a un César I Want Pluto to be a Planet Again, de Marie Amachoukeli e Vladimir Mavounia Kouka e a innovadora Martin Pleure, realizada manipulando o videoxogo Grand Theft Auto 5. O compoñente experimental do festival estará presente con Over & Over, peza-collage de Michael Fleming na que remonta metraxe centrada na representación do medo e a vinganza no cinema comercial, e haberá espazo para a comedia coa española Les vimos reír y creímos que era de felicidad, do colectivo Vermut. Completan a selección dúas pezas que pasaron tamén polo prestixioso festival de Sundance: It’s a Date, do americano Zachary Zezima, e Slapper, da australiana Luci Schroder.

Over

Esta primeira Noite Curta complementaráse cunha segunda cita a vindeira semana na Praza da Quintana. Se na sesión inicial se bota a vista atrás para rememorar o pasado Curtocircuíto, na do xoves 23 de agosto a mirada vaise aínda máis atrás para celebrar os 15 anos de traxectoria que o festival cumpre este ano. A selección da derradeira Noite Curta deste verán incluirá así algúns dos filmes que formaron parte desa andaina de Curtocircuíto e preparará ao público para a 15ª edición do festival, que terá lugar entre o 29 de setembro e o 7 de outubro.

Stapper

As dúas Noites Curtas serán de acceso gratuíto. En caso de condicións meteorolóxicas desfavorables anunciarase nas redes un emprazamento alternativo para as proxeccións.

It’s a date

Post navigation

Previous: O Feito a Man non para en festivo e hoxe é a quenda de Oîma e Mazmorra
Next: Negreira publica un mapa on line con tódolos recursos turísticos do concello

Máis novas

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

foto manuel martínez ONCE
5 minutes read
  • Compostela

Manuel Martínez Pan, delegado da ONCE na Galiza: “Lamas, unha persoa cega, foi pioneiro do xornalismo”

compostela un banco para compartor 21 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Un banco para compartir en Compostela

museo do pobo a barca dos pepes 21 setembro 2026 (3)
6 minutes read
  • Xeral

Transfronteiriza no Museo do Pobo Galego

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.