Compostela, 10 de xaneiro do 2019 – O compostelán barrio de Conxo volve a acoller unha edición do Mercado de Troco na mañá de este sábado día 12.
A praza de Aurelio Aguirre, diante do Centro Cívico, será o lugar que acolla de 11 a dúas o Mercado de Troco. Unha boa oportunidade para intercambiar vellos xogos, xoguetes e libros infantís que todos temos na casa en bo estado por outros que sexa máis do noso agrado. Ademais, dende as 11:00 horas, haberá xogos tradicionais da man de Xandobela.

Todas as persoas interesadas terán ao seu dispor, se así o solicitan, un pequeno espazo no que expoñer os seus xoguetes e xogos. Para iso, deben inscribirse ou solicitalo no Centro Cívico de Conxo, persoalmente ou a través do teléfono (981 528 740) ou do correo electrónico (cscconxo@santiagodecompostela.gal).
Neste pequeno mercado non hai diñeiro. Unicamente se taxarán con puntos os diferentes xogos e xoguetes. Con estes puntos, os/as participantes poderán levar outros obxectos que estean no mercado. Pódense levar os mesmos para a taxación dende xa ao Centro Cívico ou o propio día do mercado.
Os libros, xogos e xoguetes que non se troquen levaranse ao Despacho de Alimentos de Conxo.
