Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Frades

Volve a Festa da merenda de Aiazo en Frades

Pouco a pouco volven as festas e romarías máis tradicionais da bisbarra e Frades recuperará o vindeiros 10 de abril a da Merenda en Aiazo.
frades-festa-da-merenda-aiazo-slide-23-marzo-2022-(2)_r

Table of Contents

Toggle
  • Frades, 23 de marzo do 2022 – Pouco a pouco volven as festas e romarías máis tradicionais da bisbarra e Frades recuperará o vindeiros 10 de abril a da Merenda en Aiazo.
    • Medidas de seguridade
    •  
    • Festa da Merenda

Frades, 23 de marzo do 2022 – Pouco a pouco volven as festas e romarías máis tradicionais da bisbarra e Frades recuperará o vindeiros 10 de abril a da Merenda en Aiazo.

A Asociación de Veciños “Os Pasos” en colaboración co concello de Frades son os responsables de que a Festa da Merenda chegue, o Domingo de Pascua, a súa decimo quinta edición.

Medidas de seguridade

Dende a organización están atentos á evolución da pandemia sanitaria para establecer o protocolo de actuación pero o que xa teñen decidido é “non deixar apoiarse no mostrador para comer as merendas. Organizaremos unha ou dúas entradas nas que catro ou cinco persoas poidan ir recollendo as merendas e marchen a comelas a outra parte do campo da festa”, explica Charo Astray, voceira da Festa da Merenda, quen engade que “así evitamos un dos puntos nos que máis xente se xunta na festa”.

Unhas merendas que seguirán sendo de balde, se ben tamén hai a posibilidade de mercalas en caixas de pizza por uns prezos de 3 euros por merenda (5 euros por dúas merendas).

A Asociación de Veciños “Os Pasos” de Aiazo acordou recuperar a festa nunha reunión mantida hai un par de semanas. “Aínda que hai quen ten medo, o certo é que a maioría ten gañas de alegría, de saír e de desfrutar”, apunta Charo Astray, quen sinala que “en canto se puxo en marcha, todo está indo como en edicións anteriores”. Entre as que non faltarán á cita figuran as cociñeiras da parroquia que se encargarán un ano máis de elaborar centos de tortillas de masa con torriscos no propio campo da festa.

 

Festa da Merenda

A XV Festa da Merenda dará comezo ás 12:00 horas coa degustación gratuíta destas merendas, elaboradas baixo carpa pechada durante toda a xornada por entre 15 e 20 cociñeiras, que se irán relevando en varias quendas.

A base das merendas é común para todas (ovos, auga e fariña), pero despois cada cociñeira daralle o seu toque persoal tanto polo grosor da tortilla, o seu tempo de cociñado ou por se as acompaña ou non de torriscos (láminas de touciño de porco).

As merendas poderanse degustar de forma gratuíta no campo da festa ou na área recreativa, se ben dende a organización tamén manterá a posibilidade de comprar merendas para levar, que se entregarán en caixas de pizza: unha por 3 euros, dúas por 5 euros. Haberá pulpería e churrasco todo o día (de pago) dentro da carpa.

Durante a mañá amenizarán a festa a Charanga BB+ e o grupo ordense Faíscas da Pontraga. A partir das 18:30 horas comezará a verbena a cargo da orquestra París de Noia e o grupo Tania Veiras.

A organización facilitará varias zonas de aparcamento na contorna do campo da festa. De feito, o acceso de automóbiles á área recreativa só estará permitido ata as 12:00 horas, para carga e descarga. Así mesmo, estará prohibido entrar no recinto do campo da festa con bebidas. Dende a organización lembran que tamén se pode colaborar coa festa mercando un pano conmemorativo.

A Festa da Merenda naceu hai dezasete anos para lembrar estas tortillas de masa, que foron moi utilizadas na comarca de Ordes en tempos de necesidade. Unha iniciativa que buscaba lembrar ás novas xeracións a importancia que este alimento tivo noutros tempos pero que agora xa se converteu nunha das citas gastronómicas máis agardada da comarca.

Post navigation

Previous: Comeza en Compostela o I Encontro do Viño Galego
Next: Antonio López renova o cargo de reitor da USC

Máis novas

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

noia vai de tapas 5 novembro 2026 (2)
4 minutes read
  • Xeral

Noia vai de tapas

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

vedra credencial gastro 22 outubro 2026 1
3 minutes read
  • Xeral

Credencial Gastro este domingo en Vedra

museo do pobo a barca dos pepes 21 setembro 2026 (3)
6 minutes read
  • Xeral

Transfronteiriza no Museo do Pobo Galego

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.