займ срочно

A volta ciclista “O Gran Camiño” pasará por Ames e Compostela

0

Bisbarra, 30 de decembro do 2022 – Compostela acolleu a presentación de “O Gran Camiño” a volta ciclista que percorrerá Galicia rematando en Ames e Compostela.

“O Gran Camiño” disputarase do 23 ao 26 de febreiro. Serán catro etapas, unha por provincia. Está confirmada a participación do Team Movistar e do Jumbo Visma co vixente campión do Tour, Jonas Vingegaard.

Esta proba recupera a tradición da antiga Volta a Galicia. Será a segunda edición en este formato cunha especial dedicación ao patrimonio. Sairá da Muralla Romana de Lugo e chegará a Praza do Obradoiro, dous lugares Patrimonio da Humanidade.

A última etapa terá unha especial relevancia na bisbarra xa que sairá do Polígono Novo Milladoiro en Ames. Será unha etapa contrarreloxo que tras pasar por distintas estradas da contorna chegará a Compostela.

O responsable da proba, o teense e ex ciclista Ezequiel Mosquera, dixo de Compostela que “Esta é case a cidade que lle dá sentido a todo” e cualificou a última etapa como “moi especial” por ter o final na praza do Obradoiro.

O exciclista galego Óscar Pereiro, padriño da proba, eloxiou o éxito da primeira edición do Gran Camiño e augurou que se superará este, mentres que destacou a capacidade do ciclismo para “difundir unha terra que ‘es la leche'”, en referencia a Galicia.

Pola súa banda o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, confirmou durante a presentación da etapa o apoio da institución provincial a esta rolda e ao recoñecemento da Coruña e de Galicia como “territorio ciclista. É unha proba que soa moito e está aquí para quedar”.

Finalmente, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinalou que esta volta transmitirá a todo o mundo “unha imaxe fantástica e preciosa do noso país” nun ano que, ademais, xa non será Ano Santo, co que se incrementa a importancia de difundir os recunchos galegos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies