Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Voadora trae o seu ‘Othello’ a Compostela

Voadora trae a Compostela ‘Othello’ , o seu terceiro Shakespeare, os días 26 e 27 no Auditorio de Galicia.
voadora-otello-slide-22-marzo-2022-(2)_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 22 de marzo do 2022 – Voadora trae a Compostela ‘Othello’ , o seu terceiro Shakespeare, os días 26 e 27 no Auditorio de Galicia.
    • O feminismo de ‘Othello’

Compostela, 22 de marzo do 2022 – Voadora trae a Compostela ‘Othello’ , o seu terceiro Shakespeare, os días 26 e 27 no Auditorio de Galicia.

O ‘Othello’ de Voadora foi estreado o pasado maio no Teatro de La Abadía baixo a dirección da directora de Voadora, Marta Pazos.

Othello é a terceira montaxe de Shakespeare que aborda Voadora, nunha visión transgresora, celebrada por público e crítica desde a súa estrea absoluta en Madrid o pasado mes de maio. A adaptación do libreto, asinada polo dramaturgo ourensán Fernando Epelde, está atravesada pola posverdade e as violencias machistas. Tamén, tal e como é habitual nas propostas de Pazos, a hibridación de linguaxes e a plástica terán especial protagonismo na escena.

O feminismo de ‘Othello’

O espectáculo é unha coprodución de Voadora coa MIT Ribadavia, o Teatro de La Abadía e o Nacional São João de Porto.  Quere por o foco nas personaxes femininas da traxedia. A actriz María Vázquez introducirase na pel de Desdémona, acompañada sobre as táboas polos intérpretes Ángel Burgos, Ana Esmith (Miss Beige), Chumo Mata, Hugo Torres e Joaquín Abella.

Tal e como indica Marta Pazos, “desde a súa estrea, Othello contou con múltiples interpretacións, dando pé a numerosas percepcións culturais, tanto de raza como de xénero. Desde Voadora queriamos facer unha adaptación que nos permitise pasar tempo no universo das mulleres e abrirun espazo para elas”.

A partir do texto de Epelde, a compañía propón un debate arredor de cuestións como a construción do xénero e da identidade, a percepción individual ou a conformación e estrutura do sistema patriarcal. Para isto, Marta Pazos despoxa as personaxes da súa pel e do seu xénero, coa intención de conectar “coa súa máis pura esencia e o seu máis profundo conflicto”.

Post navigation

Previous: “Peixe” de Xisco Feijóo e “Andorinhas” de Ana Moura mellores cancións no certame Ari[t]mar
Next: Frades convoca axudas para transporte e material escolar

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.