Bisbarra, 2 de decembro do 2020 – A Estrada, Ames, Santiago e Teo comezan a respirar mellor coa baixada ao nivel 2 de restricións mentres Boiro, Cerceda e Ordes serán sometidos a unha vixianza especial.
O Comité concretará hoxe as limitacións pero as que están vixentes de xeito xeral permitirían recuperar a mobilidade e a apertura da hostalería ao 50% no interior e co 75% nas terrazas.
Unha boa evolución que se resiste nos colexios
A evolución positiva na Área Sanitaria de Santiago é moi clara no número de casos activos. Si o pasado venres eran 930, o sábado pasaban a 898, o domingo a 866, o luns a 860 e onte martes a 845 casos de Covid.
Nos centros educativos sen embargo nótase unha contención pero o descenso non se acaba de producir. O día 24 eran 119 os casos en centros educativos, pasaban ao día seguinte a 114 pero o xoves da pasada semana volvían a 122; o venres eran 122 casos activos en centros escolares e o sábado 119; o último dato oficial corresponde con onte martes con 112 casos activos en centros educativos da Área Sanitaria de Santiago.
Hai que dicir que os casos nos colexios están moito máis espallados. Si hai un mes exitían centros con 7 e 6 casos hoxe en día só hai dous centros, a ET A Madalena de Ames e o CPI San Vicente de A Baña, con 5 casos e o resto está por debaixo de esa cifra, tendo a mioría un so positivo no centro.