O Ministerio de Vivenda e o concello de Santiago anuncian que a parcela de Peleteiro inscribirase na nova empresa pública do estado e o 100% das vivendas serán a prezo accesible.

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, recibiu no Pazo de Raxoi a ministra de Vivenda, Isabel Rodríguez, para manter un encontro de traballo no que Concello e Ministerio acadaron o acordo de que o 100 por cen das vivendas que se construirán na parcela do antigo colexio Peleteiro serán “100 por cen a prezo asequible”.
Na reunión, tamén participaron a tenenta de alcaldesa, María Rozas, e o concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica, Iago Lestegás, así como a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas.
Alcaldesa e a ministra informaron de que a parcela de vivenda de Peleteiro formará parte xa do parque público de vivenda en canto culmine o proceso de traspaso dos bens da Sareb á nova Empresa Pública de Vivenda, que segundo os prazos ofrecidos pola ministra será nas próximas semanas, entre os últimos días de xuño e os primeiros de xullo.

Goretti Sanmartín destacou o compromiso do Ministerio de Vivenda coa parcela do antigo Peleteiro desde a entidade pública, porque “é unha peza fundamental no corazón do Ensanche”. Tamén explicou a importancia da vivenda a prezo accesible con “criterios de equilibrio, terrirorial e ambiental” e sinalou a relevancia da “función social das vivendas”, principio que partillan ambas administracións.
Isabel Rodríguez destacou os “pasos importantes” que deu o Concello nesta parcela coa aprobación inicial da modificación do planeamento neste ámbito. “Ministerio e Concello poñémonos a traballar para o diseño, edificación, construción e posta a disposición da cidadanía”, manifestou.
O 45% da vivenda que se constrúa na parcela será protexida, condición xa recollida no planeamento aprobado, e a empresa de vivenda incluirá que o 55% restante tamén será vivenda a prezo accesible, de maneira que “o 100 por cen das viviendas que vamos promover serán 100 accesibles e protexido de por vida”.