Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Vivenda, subvencións e colaboracións no pleno de Ames

Na sesión de Ames aprobáronse tamén mocións sobre vivenda, o camiño de Santiago e a piscina do Milladoiro.

ames pleno 2 febreiro 2026

O Pleno municipal de Ames rendeu xa que foron aprobadas bastantes cuestións de interese para a veciñanza. O primeiro asunto pode servir de moito aos pequenos produtores xa que o concello sumouse á rede de entidades locais gandeiro cárnicas dependentes da FEMP.

O concelleiro de Xestión do Medio Natural, Javier Antelo, explicou que “esta rede está dirixida a favorecer a coordinación, cooperación e intercambio de experiencias e información. Dende esta rede apoiarase aos Concellos adheridos en formación e asistencia técnica e en temas tan relevantes como o é o relevo xeracional ou a captación de recursos e fondos económicos”.

Outro dos temas que se aprobaron por unanimidade foi o convenio de colaboración entre os Concellos de Ames e Brión, para o desenvolvemento conxunto do proxecto de prevención de condutas aditivas.

Dito convenio é necesario para concorrer á liña de subvencións, para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas aditivas promovidos por concellos, mancomunidades de concellos ou agrupacións de concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, para o período que vai do 1 de xullo de 2025 ao 30 de xuño de 2028.

Plan estratéxico de subvencións 2026-2027

Por outra banda, aprobouse o plan estratéxico de subvencións do Concello de Ames para o período 2026-2027. A duración do plan será de dous anos prorrogables por un ano máis mediante acordo expreso do Pleno da Corporación.

Este proxecto recolle un gasto anual de 621.500 euros en concepto de subvencións municipais.  Este punto foi aprobado co voto a favor dos concelleiros e concelleiras do goberno municipal e do BNG. Os concelleiros e concelleiras do Partido Popular e Espazo Común abstivéronse.

A concelleira de Servizos Económicos, Susana Señorís, destacou que “aqueles Concellos que pretenden outorgar subvencións deben aprobar o seu correspondente plan.

Mocións

No pleno de Ames aprobáronse dúas mocións presentadas polo grupo municipal do BNG. A primeira moción, aprobada por unanimidade, tratou sobre a recuperación e sinalización do trazado histórico alternativo do camiño de Santiago a Fisterra entre o Alto do Vento e o núcleo de Ventosa.

Na segunda moción do BNG abordouse a creación e regulación dun recargo no imposto de bens inmobles (IBI) para vivendas desocupadas con carácter permanente.

Esta segunda moción foi aprobada co voto a favor dos concelleiros e concelleiras do BNG e do grupo de goberno. Os concelleiros e concelleiras do Partido Popular e Espazo Común votaron en contra.

Aprobouse tamén unha proposta do grupo municipal do Partido Popular solicitando unha actuación inmediata e definitiva na piscina descuberta de O Milladoiro ante anos de abandono, improvisación e mala xestión. Dita proposta aprobouse co voto a favor dos concelleiros e concelleiras do Partido Popular, BNG e Espazo Común. Os concelleiros e concelleiras do grupo de goberno abstivéronse.

Premendo nesta ligazón podes ver a gravación do pleno

Post navigation

Previous: Ángel Carracedo nos Luns do Ateneo
Next: O primario é manifestarse “Coa nosa saúde non se xoga”

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.