Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Vivenda notifica 2.640 pisos turísticos ilegais en Galicia

Diseño sin título

O ministerio informa ás plataformas para que os retiren dos disintos portais. Estes pisos solicitaran o número de rexistro pero non foi concedido por distintas causas.

Imaxe de de portobello28 en Pixabay

O Ministerio de Vivienda y Agenda Urbana enviou ás plataformas de aluguer de pisos turísticos unha relación de 2.640 pisos que, en Galicia, non poden dedicarse a esa actividade e teñen que ser retirados dos sitios webs.

Trátase de aloxamentos que solicitaron o número de rexistro obrigatorio, pero non o obtiveron porque non compren os requisitos legais e constan como revogados.  Desde agosto, rexistradores, Ministerio e plataformas comparten datos a través do Portelo Único Dixital co fin de acabar coa fraude nos aloxamentos temporais.

Desde o 1 de xaneiro, o rexistro recibiu en todo o territorio un total de 336.497 solicitudes, das cales o 78,75% corresponden a alugueres turísticos. O O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana notificou un total de 53.876 pisos turísticos ilegais en toda España, e 2.640 en Galicia.

España foi o primeiro país de Europa en implementar o Rexistro único de aloxamentos temporais, en colaboración co Colexio de Rexistradores, para acabar coa fraude nos alugueres turísticos. A través do Portelo Único Dixital do Ministerio de Vivenda, os datos do rexistro crúzanse cos das plataformas dixitais, que están a colaborar para identificar os anuncios sen código.

Se un código é revogado significa que o Colexio de Rexistradores recibiu a solicitude, que dita solicitude contiña datos incompletos ou non acordes á normativa vixente do tipo de actividade que se pretendía desenvolver e non foi emendada nun prazo oportuno.

Na provincia da Coruña foron revogados 992 pisos que agora terán que ser retirados das plataformas online.

Post navigation

Previous: Oroso prepárase para a Psicotroita
Next: Piden que se arranxe a ponte de Lapido en Ames

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.