Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Vivenda, comercio local ou infraestruturas centran o debate orzamentario en Ames

O BNG de Ames negocia co goberno en minoría do Psoe os orzamentos 2026 con 15 propostas como base do acordo.

bng ames negociacion orzamentos 6 febreiro 2026

O goberno socialista de Ames busca un acordo co BNG que lle permita pechar uns orzamentos para este ano. As contas, de saír adiante, lle permitirían ao goberno municipal alcanzar as seguintes eleccións na primavera do 2027.

O Grupo municipal do BNG de Ames formula quince medidas para avanzar cara un modelo de concello máis xusto, sostible e centrado na vida cotiá da veciñanza. “Son propostas plenamente asumibles dende o ámbito municipal e orientadas a dar resposta ás necesidades reais: como o dereito ao acceso á vivenda, a envellecer dignamente, á mellora das infraestruturas deportivas, á protección ambiental e ó equilibrio ente o medio urbano e rural”, explica a voceira nacionalista Escarlata Pampín.

O primeiro encontro tivo lugar esta semana co obxectivo de establecer un marco inicial de comunicación, intercambiar impresións e avaliar puntos de entendemento sobre cuestións de interese xeral.

Nesta xuntanza o BNG de Ames expresou a súa vontade  de chegar a acordos para acadar uns orzamentos beneficiosos para a veciñanza amesá. “Esta negociación enmárcase no propósito do BNG de seguir levando a cabo  unha política útil e construtiva, centrada nas demandas e necesidades das amesás e dos amesáns” resalta a voceira, Escarlata Pampín. “Na reunión, dende o BNG establecemos as premisas previas para comezar a negociación, con propostas en positivo e coa vontade de dialogar e chegar a acordos se son bos para Ames”, engade Pampín.

En materia de vivenda,o BNG de Ames resalta a modificación da ordenanza do IBI, a aprobación da ordenanza reguladora das vivendas de uso turístico e reservar unha porcentaxe para a construción de vivenda pública en  Bertamiráns.

Para a terceira idade destacan un centro municipal de envellecemento  activo,  un servizo municipal de acompañamento, e un plan de municipal contra a soidade non desexada.

No referente ao impulso do comercio local salientan duplicar a contía destinada a Bonos Consuma e  axudas ao comercio do Milladoiro creando unha partida orzamentaria especifica.

No tema das infraestruturas realzan un proxecto técnico de Pavillón Deportivo Municipal , dotar de espazos de encontro para a mocidade e  regularizar as instalacións municipais como o ximnasio municipal da Telleira.

En materia  medioambiental  un plan de  de xestión compostaxe comunitario, a recuperación ambiental do río Sar e a conversión do tramo  ferroviario abandonado entre Fraiz e A Moniña en senda verde.

Os nacionalistas recollen tamén varias peticións das asociacións rurais para o adecuada redistribución dos fondos das subvencións culturais e reforzar con fondos propios actuacións municipais como servizos básicos, acondicionamento de espazos comunitarios e contribuír á fixación de poboación no rural.

 Escarlata Pampín destaca que “sendo o EDIL o programa de investimentos máis importante que vai desenvolver Ames nos vindeiros anos, consideramos que se debe priorizar a vertebración do municipio mediante a implantación dun sistema de transporte público e unha senda ciclable entre Bertamiráns e Milladoiro. Tamén reclamamos o transporte municipal que conecte os núcleos rurais con Bertamiráns e Milladoiro”.

Post navigation

Previous: O Meco abrirá un ano máis o Entroido de Compostela
Next: EULEN renuncia á xestión dos CSC de Compostela

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.