Compostela, 4 de maio do 2019 – A editorial Kalandraka presenta a colección Vitamina N cun paseo de natureza pola Alameda de Compostela.
Celebrar o mundo natural a través da literatura e invitar á reflexión sobre a necesidade de protexer a biodiversidade é o obxectivo da colección Vitamina N. O autor de “A Torre”, Antonio Sandoval, é o coordinador desta iniciativa editorial que fomenta a sensibilización co coidado do medio ambiente a través da literatura. “Somos natureza, criaturas naturais”, afirma o escritor e advirte sobre a urxencia de restaurar e reconstruír os equilibrios ecolóxicos que hoxe en día están rotos ou en serio perigo de conservación.
A colección, co lema Lecturas ao Natural, presentarase ás 20:00 horas, na Feira do Libro de Santiago. Consistirá nunha pequena ruta de natureza pola Alameda, oas instalacións da Feira como punto de encontro, na que Sandoval comentará aspectos relacionados coa observación de aves.