Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Padrón
  • Xeral

Verán de visitas guiadas e teatralizadas en Padrón

padron visitas guiadas 12 xunho 2025 SLIDE (3)

As visitas, con prazas limitadas, permitirán revivir o traslado do Apóstolo, a historia de Iria Flavia e o legado de Rosalía de Castro

O Concello de Padrón presenta unha nova programación de visitas guiadas e teatralizadas para os meses de xullo, agosto e setembro, co obxectivo de poñer en valor o patrimonio histórico, artístico e literario da vila.

A iniciativa está organizada en colaboración coa agrupación teatral Os Quinquilláns e co divulgador histórico Suso Martínez, e está dirixida tanto á veciñanza como ás persoas que visitan a localidade durante o verán.

A programación inclúe tres propostas diferentes que permiten coñecer episodios históricos e figuras senlleiras de Padrón, como o traslado dos restos do Apóstolo Santiago ou a vida de Rosalía de Castro, a través de percorridos comentados e representacións en vivo.

A primeira das actividades será a visita teatralizada Camiño branco de Rosalía, a cargo do grupo Os Quinquilláns. Trátase dun percorrido polas pegadas vitais e literarias da autora, con paradas en lugares emblemáticos da súa biografía. Desenvolverase os mércores 2, 8, 16, 23 e 30 de xullo, en galego, ás 20:00 horas, con saída desde Fondo de Vila.

A cargo de Suso Martínez, a segunda proposta leva por título Sedis Irienses e permitirá afondar na historia dunha das sedes episcopais máis antigas de Galicia. A visita comeza no adro da Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia e inclúe unha parada no cemiterio de Adina. Terá lugar os venres 1, 8 e 22 de agosto, tamén ás 20:00 horas.

A terceira das actividades será a visita guiada titulada A Traslatio, que ofrece un percorrido guiado por Suso Martínez que segue o lendario roteiro do traslado dos restos do Apóstolo Santiago. As visitas realizaranse os venres 5, 12, 19 e 26 de setembro ás 20:00 horas, cun punto de encontro situado en Fondo de Vila.

As visitas son gratuítas, pero é necesario realizar a inscrición previa a través da páxina web de turismo do Concello (www.padronturismo.gal/inscricions).

Post navigation

Previous: A XI Maker Faire este sábado en Área Central
Next: Boqueixón pon en marcha a nova EDAR de Sergude

Máis novas

FOLGA
  • Xeral

Lindeiros apoia a folga

ames bng cortes de luz 10 niovembro 2026
2 minutes read
  • Ames

Lanzan unha campaña para denunciar os cortes de luz en Ames

compostela informe icomos gargolas 10 novembro 2026
8 minutes read
  • Xeral

Veciños e asociacións valoran o informe de ICOMOS sobre as gárgolas do Hostal

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (835) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2705) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.