Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Virando o Rosa en Fonseca

Unha exposición da fotógrafa Diana Fajardo, no Claustro Alto de Fonseca, abre as celebracións do 8 de marzo na USC

USC EXPO VIRANDO O ROSA 16 FEBREIRO 2'026

Este luns, 16 de febreiro, inaugurase a exposición de fotografía Virando o Rosa. A autora Diana Fajardo presenta  unha iniciativa que pivota sobre tres eixos: un libro gráfico, relatorios nas presentacións públicas e unha exposición fotográfica.

Con estos obxectivos converxentes búscase tratar esta realidade social, amosala e intentar mudar comportamentos sanitarios na abordaxe do cancro e na atención ás mulleres; axudar a xerar un debate público para conseguir cambios no tratamento ás afectadas, ao mesmo tempo que dar un espazo ás mulleres que se atoparon con este tipo de comportamentos para poder presentar as súas propias experiencias.

Diana Fajardo recibiu o VII Premio Luisa Villalba a proxectos pola igualdade da Deputación da Coruña. A exposición enmárcase dentro das celebracións da USC polo 8M. Na inauguración estarán presentes algunhas das mulleres protagonistas das fotografías expostas.

A exposición busca superar imaxes como o lazo ou o pano rosa que, baixo un discurso de empoderamento e visibilización da recuperación, ocultan outras realidades.

Preténdese dar voz e visibilidade ás experiencias e imaxes das mulleres diagnosticadas con cancro nun momento en que si existe unha presencia mediática das doentes, pero o discurso predominante é case exclusivamente o de recuperación por riba das eivas que tamén se deberían amosar. 

Achegámonos a unha realidade pouco tratada, pero que moitas afectadas consideran imprescindible sacar á luz para cambiar comportamentos, ofrecer unha atención máis personalizada, respectar os desexos das pacientes e buscar novas solucións aos problemas derivados dunha diagnose que segue tendo unha alta mortalidade  e que marca un antes e un despois na vida das mulleres dende a súa detección.

Tamén superar a imaxe de guerreras, loitadoras e valentes que se expande como tantra e autoimpón respostas de superación en todo momento, sen ter en conta un día a día nos que falta axuda, recursos e rede de protección.

A mostra pode visitarse ata o 4 de marzo en horario de luns a venres, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.

Diana Fajardo

Diana Fajardo é unha fotógrafa documental con máis de 20 anos de experiencia, 12 deles co seu proxecto persoal. Algúns dos seus traballos máis reseñables pódense contemplar de xeito permanente na Domus da Coruña.

Con exposicións individuais e colectivas, leva 10 anos como docente cunha escola de fotografía propia, onde aborda a formación dende unha perspectiva feminista.

Post navigation

Previous: Compostela quere revisar a normativa do PXOM relativa a apartamentos turísticos
Next: A Deputación busca casa en Compostela

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.