займ срочно

Villar Mir Energía tramita unha liña de alta tensión de 50KM. de Mazaricos a Compostela

0

Bisbarra, 24 de agosto do 2022 – A Xunta de Galicia ven de someter a exposición pública un proxecto de liña de alta tensión que cruzaría desde o concello de Mazaricos ata Compostela atravesando Negreira, A Baña e Ames.

A petición parte da empresa Villar Mir Energía, S.L.U. e serviría para evacuar a electricidade de dous parques eólicos que están tamén en fase de tramitación. Trátase dos parques A Picota I e II que se queren construir en Mazaricos.

O trazado divídese en sete tramos que completan unha lonxitude total de 50 Km. Teñen un percorrido, na súa maior parte, aéreo que se sustentará en 168 pilotes de celosía. O trazado afecta de xeito directo a 2686 propietarios, tanto particulares como comunidades de montes.

Un empresario polémico

O empresario Villar Mir é coñecido na bisbarra polo conflito da mina de Serrabal en Boqueixón. O seu enfrontamento coa administración, pola expropiación de parte dos terreos para o paso do AVE, motivou continuos retrasos, mobilizacións dos traballadores da canteira (preocupados pola posible perda de postos de traballo), mobilizacións dos veciños (que vían ameazadas as vivendas se o trazado non pasaba pola canteira) e distintos sucesos que remataron cun acordo no que se expropiaron 7.000 m2 da explotación que conseguiu por outra banda unha prórroga da concesión.

O feito de que a fervenza do Ézaro sexa a única de todo o mundo con “grifo” (pódese abrir e pechar a vontade aínda que é unha práctica prohibida desde o 2011) ten que ver tamén coas prácticas empresariais de Villar Mir. Isto foi posible grazas a un decreto da Xunta de Galicia, presidida por Manuel Fraga, que eliminaba o caudal ecolóxico necesario do río Xallas, un dos poucos ríos de Europa que desemboca no mar. A historia tivo un final berlanguiano cando a fervenza foi posteriormente inaugurada polos propios Manuel Fraga e Villar Mir.

Por outra banda, fai pouco sabíase que empresas de Villar Mir (Ferrovial ou Ferroglobe) foron algunhas das receptoras dos fondos de rescate da COVID para sectores considerados estratéxicos. En total percibiron máis de 34 millóns de euros. A petición inicial do grupo á SEPI fora de 240 millóns.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies